Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 44:
Para [[Emilio González López]],<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref> os profundos efectos ideolóxicos, culturais, sociais e institucionais da [[contrarreforma]] tridentina apenas alcanzaron Galiza. O Santo Oficio da Inquisición, órgano coercivo encargado do perseguimento de toda disidencia relixiosa, non despregou no país a intensa actividade represiva que seguiu noutros territorios da Monarquía Hispánica. A razón principal do atraso na implantación dun tribunal da Inquisición española en Galiza foi precisamente a necesidade de movilizar insumos para rematar cos grandes focos intelectuais e relixiosos de protestantismo e continuar a brutal represión dos colectivos conversos en Castela, Andalucia, Valencia ou Aragón. De feito, Galiza converteuse nun refuxio de numerosos conversos, protestantes e xudeus fuxindo do celo inquisitorial e na procura das súas fronteiras marítimas ou terrestres con Portugal na espera de abandonar o país ou mesmo ficar nel.
[[Ficheiro:Sambenito Tui-1.jpg|alt=O sambenito era uma peza de vestuario utilizada pola Inquisición española para asinalar aos condenados polo Tribunal, polo que se converteu en símbolo da infamia.|miniatura|'''Sambenitos do Museo Diocesano de Tui (Pontevedra)''']]
O Tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela tivo unha primeira fase de existencia entre 1520 e 1530 e dependía directamente do Tribunal de Valladolid, máis logo se disolveu. No 1560 o entón inquisidor de Valladolid, Quijano del Mercado, visita Compostela coa intención de reinstalar un tribunal máis, tras a fría acollida por parte das institucións civís e do cabido da catedral de Compostela, termina desistindo para volver intentá-lo por máis dúas veces en 1564 e 1566 sen encontrar nunca un ambiente institucional favorábel. Estes fracasos pódense explicar de distintas maneiras. Para [[Isidoro Millán Mariño]]<ref>Millán Mariño, Isidoro (1938). ''A la sombra del Apóstol. Once siglos de vida compostelana.'' Santiago, p. 304-5</ref>, o propósito esencial de estabelecer un tribunal da Inquisición en Compostela non era, na realidade, o perseguimento dos protestantes e conversos españois ou dos evanxelizadores protestantes do norte da Europa que chegaban aos portos galegos, máis a necesidade de criar na nosa terra un Tribunal de Estado que servise para terminar a campaña de sometimento social e político dos galegos á autoridade real española. Pola súa parte, o historiador [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]]<ref>Millán Mariño, Isidoro (1938). ''A la sombra del Apóstol. Once siglos de vida compostelana''. Santiago, p. 304</ref> subliña a grande oposición, especialmente en círculos eclesiásticos composteláns, ao estabelecemento do tribunal mesmo nunha época marcada polo fanatismo de dous dos mais temíbeis inquisidores xenerais: o asturiano [[Fernando Valdés y Salas|Fernando Valdés]] (1547-1568) e o castelán Diego de Espinosa (1568-1572). Porén, a chegada definitiva do Tribunal foi en 1574 cando o castelán Francisco Blanco tomou posesión da cadeira da igrexa metropolitana galega, facilitando tamén a entrada do jesuitismo no país. Este tribunal, independente do de Valladolid, exercía a súa xurisdición sobre o territorio do extinguido [[Reino de Galicia|Reino de Galiza]] e para facilitar o seu funcionamento en todo o territorio galego, concedéuselle a renda dun cóengo a cada unhas das cinco catedrais galegas, ademáisademais doutros insumos abundantes.
 
Se callar, a razón pola cal o Tribunal non foi estabelecido na Coruña, onde tiña a súa sede a [[Real Audiencia de Galicia]], foi pola resistencia que a burguesía mercantil dos portos galegos mostrou ante calquera tipo de perturbación no tráfico e nas comunicacións marítimas que prexudicase os seus intereses comerciais. As actividades inquisitoriais, porén, querendo impedir a entrada e propagación da reforma protestante polos portos do país, incluían a inspección das tripulacións e a carga dos barcos con procedencia en países protestantes ou católicos con portos protestantes, como era o caso da [[La Rochelle|Rochelle]] en Francia. O feito é que o Capitán e a Real Audiencia de Galicia impediron no posíbel o seu estabelecemento na Coruña. No 1589, o Concello da cidade herculina protestou contra os inquisidores que visitaban a cidade co propósito de investigar varias naves estranxeiras. Segundo parece, ían cobrando por “dereitos de visita" e forzando comerciantes a venderen o seu xénero a prezos escandalosamente reducidos, interferindo negativamente no comercio da cidade. Levados polo seu fanatismo e desprezo polas actividades comerciais, os inquisidores chegaron a propor ao rei fechar os portos galegos ao comercio cos países do norte da Europa como o mellor xeito de evitar a propagación da reforma de [[Martiño Lutero]].
 
Segundo [[Emilio González López]]<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref>, a falta dun ambiente propicio para o seu funcionamento e o escaso celo inquisitorial nas estruturas eclesiásticas e civís revélase no feito que despois do seu definitivo estabelecemento e total autonomía respecto ao Tribunal de Valladolid, aínda non comezou a súa actividade represiva até 1575, ano no que se celebraron dous autos da fe en Santiago. Tal como relata [[Vicente Risco]]<ref>Risco, Vicente (1952). ''Historia de Galicia.'' Galaxia: Vigo. pp 148</ref>, nestes autos foron torturadas e executadas públicamente un total de 23 persoas, entre as que contaban varios mariñeiros franceses luteranos e tres mulleres galegas acusadas de prácticas que os inquisidores identificaban e caracterizaban como bruxería. Nos anos seguintes, o Tribunal azoutou e desterrou varias persoas acusadas de prácticas xudaizantes e, en 1579, quemou máis unha muller na fogueira no que hoxe é a [[praza de Cervantes]] baixo a acusación fabricada de bruxería. Tamén entre 1619 e 1628 numerosas mulleres do Morrazo foron torturadas e xulgadas polo Tribunal baixo cargos fabricados de bruxería. Os chamados "familiares da Inquisición", integrados por membros empobrecidos da baixa nobreza, arrebatan con estes perseguimentos de mulleres os codiciados dereitos de presentación que elas tiñan en capelas e freguesías. Para disimular o seu propósito real, mesturaban algunhas que os posuían con outras que non os tiñan, escollidas entre muleres desamparadas ou viúvas. Este foi o caso de [[María Soliño|Maria Soliño]], figura lexendaria que terminou inmortalizada en varias cantigas populares<ref>{{Cita audiovisual|título=María Soliña, poema de Celso Emilio interpretado por Amancio Prada|autor=Amancio Prada|url=https://celsoemilioferreiro.org/2016/09/maria-solina-poema-de-celso-emilio-interpretado-por-amancio-prada/|data=18 de setembro de 2016|lingua=Galego|ano=1974|editorial=Disques Alvarés}}</ref>. María Soliño, posuidora de dereitos de presentación en Aldán e Moaña, entrou nos alxubes da Inquisición en 1621 e sofreu terríbeis torturas. O 23 de xaneiro de 1622, após a sua confesión, foi condenada cunha confiscación de bens, debendo levar un sambenito durante medio ano. Moitas outras mulleres foron tamén xulgadas durante naquela altura, como foi o caso de Catalina da Iglesia, Elvira Martínez, Teresa Pérez ou María dos Santos.
[[Ficheiro:Casiano de Prado.jpg|miniatura|Casiano de Prado y Vallo (1797-1866)​​]]
A inquisición española en Galiza seguiu a operar até a súa primeira abolición durante o reinado de [[Xosé I de España|José I]] entre 1808 e 1812 e posteriormente polas [[Cortes de Cádiz]], só para ser restaurada de novo por [[Fernando VII]] en 1814 máis ser definitivamente abolida en 1834 durante o [[Trienio liberal|Trienio Liberal]]. Porén, a institución sobreviviu sustituida nalgunhas dióceses polas coñecidas Xuntas da Fe ou diocesanas e que non foron legalmente abolidas até o 1 de julio de 1835. Unha das últimas víctimas galegas foi o enxeñeiro de minas e xeólogo [[Casiano de Prado|Casiano de Prado y Vallo]], nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797. En 1817 foi detido polo tribunal compostelano seguindo as ordes de [http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/51148 Juan José Caamaño Pardo], conde de Maceda e alguacil maior da Inquisición naquela altura, e acusado de "proposicións", e dicir, de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler libros pertencentes ao [[Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum]]. Pasou 400 días incomunicado nas celas inquisitoriais, experiencia que relatou nun artigo anónimo titulado "Visita dun [[alxube]] da inquisición de Santiago por un que o tiña habitado pouco tempo antes<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=de Prado y Vallo|nome=Casiano|data=30 de Setiembre de 1820|título=Visita de un calabozo de la inquisición de Santiago por uno que lo habia habitado poco antes|revista=El Conservador, nº 188|número=|lugar=Madrid}}</ref>" publicado durante o Trienio Liberal despois de ter visitado de novo a cela número 5 onde ficou preso: <blockquote>''"Aquí estiven á mercé dos máis afamados e crueis axentes da tirania e o erro; aquí vinme reducido á máis triste soidade, separado da miña familia, dos meus  amigos, privado dos meus libros e de todo o que puidese facer a miña situación máis levadeira. (…) Como sabían estes malvados aumentar as penas dos desgraciados que aquí tiñan! Non lles chegaba con terme sen comunicación, (…) negáronseme tamén os meus libros; e se pedia algunha graza, chamábanme de criminal. Bárbaros! Se callar pensabades que sen estes depósitos de verdade chegaría eu a desdeñala, a mirala con neglixencia, a esquecela. Non! Que o meu peito ardia como sempre no seu amor; algunhas das súas máximas estaban xa fixas na miña alma para nunca xamais borrarse. (…) E cantas veces tamén recitaba en alta voz as odas á invención da imprenta e a [[Juan de Padilla]], e outras composicións filosóficas e patrióticas (…)”.'' </blockquote>A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: o Pazo de Monterrei, perto da praza de San Miguel dos Agros, e a Casa Grande de Calo, fronte a Porta da Mámoa no que hoxe é coñecido como Praza de Galicia e antiga Plaza de la Inquisición <ref>Pita Galán, Paula. (2012). ''Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa.'' Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191</ref>. Este último edificio foi derrubado para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado o 23 de agosto de 1930.