Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 43:
{{Ortografía}}
Para [[Emilio González López]],<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref> os profundos efectos ideolóxicos, culturais, sociais e institucionais da [[contrarreforma]] tridentina apenas alcanzaron Galiza. O Santo Oficio da Inquisición, órgano coercivo encargado do perseguimento de toda disidencia relixiosa, non despregou no país a intensa actividade represiva que seguiu noutros territorios da Monarquía Hispánica. A razón principal do atraso na implantación dun tribunal da Inquisición española en Galiza foi precisamente a necesidade de movilizar insumos para rematar cos grandes focos intelectuais e relixiosos de protestantismo e continuar a brutal represión dos colectivos conversos en Castela, Andalucia, Valencia ou Aragón. De feito, Galiza converteuse nun refuxio de numerosos conversos, protestantes e xudeus fuxindo do celo inquisitorial e na procura das súas fronteiras marítimas ou terrestres con Portugal na espera de abandonar o país ou mesmo ficar nel.
[[Ficheiro:Sambenito Tui-1.jpg|alt=O sambenito era uma peza de vestuario utilizada pola Inquisición española para asinalar aos condenados polo Tribunal, polo que se converteu en símbolo da infamia.|miniatura|'''Sambenitos do Museo Diocesano de Tui (Pontevedra)''']]
 
O Tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela tivo unha primeira fase de existencia entre 1520 e 1530 e dependía directamente do Tribunal de Valladolid, máis logo se disolveu. No 1560 o entón inquisidor de Valladolid, Quijano del Mercado, visita Compostela coa intención de reinstalar un tribunal máis, tras a fría acollida por parte das institucións civís e do cabido da catedral de Compostela, termina desistindo para volver intentá-lo por máis dúas veces en 1564 e 1566 sen encontrar nunca un ambiente institucional favorábel. Estes fracasos pódense explicar de distintas maneiras. Para [[Isidoro Millán Mariño]]<ref>Millán Mariño, Isidoro (1938). ''A la sombra del Apóstol. Once siglos de vida compostelana.'' Santiago, p. 304-5</ref>, o propósito esencial de estabelecer un tribunal da Inquisición en Compostela non era, na realidade, o perseguimento dos protestantes, dos conversos españois ou dos evanxelizadores protestantes do norte da Europa que chegaban aos portos galegos, máis a necesidade de criar na nosa terra un Tribunal de Estado que servise para terminar a campaña de sometimento social e político dos galegos á autoridade real española. Pola súa parte, o historiador [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]]<ref>Millán Mariño, Isidoro (1938). ''A la sombra del Apóstol. Once siglos de vida compostelana''. Santiago, p. 304</ref> subliña a grande oposición, especialmente en círculos eclesiásticos composteláns, ao estabelecemento do tribunal mesmo nunha época marcada polo fanatismo de dous dos mais temíbeis inquisidores xenerais: o asturiano [[Fernando Valdés y Salas|Fernando Valdés]] (1547-1568) e o castelán Diego de Espinosa (1568-1572). Porén, a chegada definitiva do Tribunal foi en 1574 cando o castelán Francisco Blanco tomou posesión da cadeira da igrexa metropolitana galega, facilitando tamén a entrada do jesuitismo no país. Este tribunal, independente do de Valladolid, exercía a súa xurisdición sobre o territorio do extinguido [[Reino de Galicia|Reino de Galiza]] e para facilitar o seu funcionamento en todo o territorio galego, concedéuselle a renda dun cóengo a cada unhas das cinco catedrais galegas, ademáis doutros insumos abundantes.
 
Liña 49:
 
Segundo [[Emilio González López]]<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref>, a falta dun ambiente propicio para o seu funcionamento e o escaso celo inquisitorial nas estruturas eclesiásticas e civís revélase no feito que despois do seu definitivo estabelecemento e total autonomía respecto ao Tribunal de Valladolid, aínda non comezou a súa actividade represiva até 1575, ano no que se celebraron dous autos da fe en Santiago. Tal como relata [[Vicente Risco]]<ref>Risco, Vicente (1952). ''Historia de Galicia.'' Galaxia: Vigo. pp 148</ref>, nestes autos foron torturadas e executadas públicamente un total de 23 persoas, entre as que contaban varios mariñeiros franceses luteranos e tres mulleres galegas acusadas de prácticas que os inquisidores identificaban e caracterizaban como bruxería. Nos anos seguintes, o Tribunal azoutou e desterrou varias persoas acusadas de prácticas xudaizantes e, en 1579, quemou máis unha muller na fogueira no que hoxe é a [[praza de Cervantes]] baixo a acusación fabricada de bruxería.
[[Ficheiro:Casiano de Prado.jpg|miniatura|Casiano de Prado y Vallo (1797-1866) foi un enxeñeiro de minas e xeólogo galego]]
 
 
A inquisición española en Galiza seguiu a operar até a súa primeira abolición durante o reinado de [[Xosé I de España|José I]] entre 1808 e 1812 e posteriormente polas [[Cortes de Cádiz]], só para ser restaurada de novo por [[Fernando VII]] en 1814 máis ser definitivamente abolida en 1834 durante o [[Trienio liberal|Trienio Liberal]]. Porén, a institución sobreviviu sustituida nalgunhas dióceses polas coñecidas Xuntas da Fe ou diocesanas e que non foron legalmente abolidas até o 1 de julio de 1835. Unha das últimas víctimas galegas foi o enxeñeiro de minas e xeólogo [[Casiano de Prado|Casiano de Prado y Vallo]], nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797. En 1817 foi detido polo tribunal compostelano seguindo as ordes de [http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/51148 Juan José Caamaño Pardo], conde de Maceda e alguacil maior da Inquisición naquela altura, e acusado de "proposicións", e dicir, de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler libros pertencentes ao Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum. Pasou 400 días incomunicado nas celas inquisitoriais, experiencia que relatou nun artigo anónimo titulado "Visita dun [[alxube]] da inquisición de Santiago por un que o tiña habitado pouco tempo antes<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=de Prado y Vallo|nome=Casiano|data=30 de Setiembre de 1820|título=Visita de un calabozo de la inquisición de Santiago por uno que lo habia habitado poco antes|revista=El Conservador, nº 188|número=|lugar=Madrid}}</ref>" publicado durante o Trienio Liberal despois de ter visitado de novo a cela número 5 onde ficou preso: <blockquote>''"Aquí estiven á mercé dos máis afamados e crueis axentes da tirania e o erro; aquí vinme reducido á máis triste soidade, separado da miña familia, dos meus  amigos, privado dos meus libros e de todo o que puidese facer a miña situación máis levadeira. (…) Como sabían estes malvados aumentar as penas dos desgraciados que aquí tiñan! Non lles chegaba con terme sen comunicación, (…) negáronseme tamén os meus libros; e se pedia algunha graza, chamábanme de criminal. Bárbaros! Se callar pensabades que sen estes depósitos de verdade chegaría eu a desdeñala, a mirala con neglixencia, a esquecela. Non! que o meu peito ardia como sempre no seu amor; algunhas das súas máximas estaban xa fixas na miña alma para nunca xamais borrarse. (…). E cantas veces tamén recitaba en alta voz as odas á invención da imprenta e a [[Juan de Padilla]], e outras composicións filosóficas e patrióticas (…)”.'' </blockquote>A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: o Pazo de Monterrei, perto da praza de San Miguel dos Agros, e a Casa Grande de Calo, fronte a Porta da Mámoa no que hoxe é coñecido como Praza de Galicia <ref>Pita Galán, Paula. (2012). ''Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa.'' Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191</ref> e antiga Plaza de la Inquisición. Este último edificio foi derrubado para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado o 23 de agosto de 1930.