Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 50:
Segundo [[Emilio González López]]<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref>, a falta dun ambiente propicio para o seu funcionamento e o escaso celo inquisitorial nas estruturas eclesiásticas e civís revélase no feito que despois do seu definitivo estabelecemento e total autonomía respecto ao Tribunal de Valladolid, aínda non comezou a súa actividade represiva até 1575, ano no que se celebraron dous autos da fe en Santiago. Tal como relata [[Vicente Risco]]<ref>Risco, Vicente (1952). ''Historia de Galicia.'' Galaxia: Vigo. pp 148</ref>, nestes autos foron torturadas e executadas públicamente un total de 23 persoas, entre as que contaban varios mariñeiros franceses luteranos e tres mulleres galegas acusadas de prácticas que os inquisidores identificaban e caracterizaban como bruxería. Nos anos seguintes, o Tribunal azoutou e desterrou varias persoas acusadas de prácticas xudaizantes e, en 1579, quemou máis unha muller na fogueira no que hoxe é a [[praza de Cervantes]] baixo a acusación fabricada de bruxería.
 
A inquisición española en Galiza seguiu a operar até a sua primeira abolición durante o reinado de [[Xosé I de España|José I]] entre 1808- e 1812 e posteriormente polas [[Cortes de Cádiz]], só para ser instauradarestaurada de novo por [[Fernando VII]] en 1814 máis ser definitivamente abolida en 1834 durante o [[Trienio liberal|Trienio Liberal]]. Porén, a institución sobreviviu sustituida nalgunhas dióceses polas coñecidas Xuntas da Fe ou diocesanas e que non foron legalmente abolidas até o 1 de julio de 1835. Unha das últimas víctimas galegas foi o enxeñeiro de minas e xeólogo [[Casiano de Prado|Casiano de Prado y Vallo]], nado en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1797. En 1817 foi detido polo tribunal compostelano seguindo as ordes de [http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/51148 Juan José Caamaño Pardo], conde de Maceda e alguacil maior da Inquisición naquela altura, e acusado de "proposicións", e dicir, de formular ideas contrarias á relixión católica e de ler libros pertencentes ao Index Librorum Prohibitorum et Derogatorum. Pasou 400 días incomunicado nas celas inquisitoriais, experiencia que relatou nun artigo anónimo<ref>{{Cita libro|título=La Inquisición en España : agonía y abolición|url=https://www.worldcat.org/oclc/829684685|data=2013|lugar=Madrid|ISBN=978-84-8319-793-6, 84-8319-793-6|OCLC=829684685|nome=Emilio|apelidos=La Parra López}}</ref> publicado tres anos despois durante o Trienio Liberal despois de ter visitado de novo o lugar onde ficou preso e titulado "Visita dun [[alxube]] da inquisición de Santiago por un que o tiña habitado pouco tempo antes".
 
A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: o Pazo de Monterrei, perto da praza de San Miguel dos Agros, e a Casa Grande de Calo, fronte a Porta da Mámoa no que hoxe é coñecido como Praza de Galicia <ref>Pita Galán, Paula. (2012). ''Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa.'' Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191</ref> e antiga Plaza de la Inquisición. Este último edificio foi derrubado para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado o 23 de agosto de 1930.