Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 41:
 
==A Inquisición española en Galiza==
Para [[Emilio González López]],<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref> os profundos efectos ideolóxicos, culturais, sociais e institucionais da [[contrarreforma]] tridentina apenas alcanzaron Galiza. O Santo Oficio da Inquisición, órgano coercivo encargado do perseguimento de toda disidencia relixiosa, non despregou no país a intensa actividade represiva que seguiu noutros territorios da Monarquía Hispánica. A razón principal do atraso na implantación dun tribunal da Inquisición española en Galiza foi precisamente a necesidade de movilizar insumos para rematar cos grandes focos intelectuais e relixiosos de protestantismo e continuar a brutal represión dos colectivos conversos en Castela, Andalucia, Valencia ou Aragón. De feito, Galiza converteuse nun refuxio de numerosos conversos, protestantes e xudeus fuxindo do celo inquisitorial e na procura das súas fronteiras marítimas ou terrestres con Portugal na espera de abandonar o país ou mesmo ficar nel.
 
O Tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela tivo unha primeira fase de existencia entre 1520 e 1530 e dependía directamente do Tribunal de Valladolid, máis logo se disolveu. No 1560 o entón inquisidor de Valladolid, Quijano del Mercado, visita Compostela coa intención de reinstalar un tribunal máis, tras a fría acollida por parte das institucións civís e do cabido da catedral de Compostela, termina desistindo para volver intentá-lo por máis duas veces en 1564 e 1566 sen encontrar nunca un ambiente institucional favorábel. Estes fracasos pódense explicar de distintas maneiras. Para [[Isidoro Millán Mariño]]<ref>Millán Mariño, Isidoro (1938). ''A la sombra del Apóstol. Once siglos de vida compostelana.'' Santiago, p. 304-5</ref>, o propósito esencial de estabelecer un tribunal da Inquisición en Compostela non era, na realidade, o perseguimento dos protestantes, dos conversos españois ou dos evanxelizadores protestantes do norte da Europa que chegaban aos portos galegos, máis a necesidade de estabelecer na nosa terra un Tribunal de Estado que servise para terminar a campaña de sometimento social e político dos galegos á autoridade real española. Pola súa parte, o historiador [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]]<ref>Millán Mariño, Isidoro (1938). ''A la sombra del Apóstol. Once siglos de vida compostelana''. Santiago, p. 304</ref> insiste na oposición, especialmente en círculos eclesiásticos composteláns, ao estabelecemento do tribunal mesmo nunha época marcada polo fanatismo de dous dos mais temíbeis inquisidores xenerais: o asturiano [[Fernando Valdés y Salas|Fernando Valdés]] (1547-1568) e o castelán Diego de Espinosa (1568-1572). Porén, a chegada definitiva do Tribunal foi en 1574 cando o castelán Francisco Blanco tomou posesión da cadeira da igrexa metropolitana galega, facilitando tamén a entrada do jesuitismo no país. Este tribunal, independente do de Valladolid, exercía a súa xurisdición sobre o territorio do extinguido [[Reino de Galicia|Reino de Galiza]] e para facilitar o seu funcionamento en todo o territorio galego, concedéuselle a renda dun cóengo a cada unhas das cinco catedrais galegas, ademáis doutros insumos abundantes.
 
Se callar, a razón pola cal o Tribunal non foi estabelecido na Coruña onde tiña a súa sé a [[Real Audiencia de Galicia]] foi pola gran resistencia que a burguesía mercantil dos portos galegos mostrou ante calquera tipo de perturbación no tráfico e nas comunicacións marítimas que prexudicase os seus intereses comerciais. As actividades inquisitoriais, porén, querendo impedir a entrada e propagación da reforma protestante polos portos do país, incluían a inspección das tripulacións e a carga dos barcos con procedencia en países protestantes ou católicos con portos protestantes, como era o caso da [[La Rochelle|Rochelle]] en Francia. O feito é que o Capitán e a Real Audiencia de Galicia impediron no posíbel o seu estabelecemento na Coruña. No 1589, o Concello da cidade herculina protestou contra os inquisidores que visitaban a cidade co propósito de investigar varias naves estranxeiras. Segundo parece, ían cobrando por “dereitos” de visita e aproveitando para comprar xénero a prezos escandalosamente reducidos, interferindo negativamente no comercio da cidade. Levados polo seu fanatismo e desprezo por Galiza, os inquisidores chegaron a propor ao rei fechar os portos galegos ao comercio cos pobos do norte da Europa como o mellor xeito de evitar a propagación da reforma de [[Martiño Lutero]].
 
Segundo [[Emilio González López]]<ref>González López, Emilio (1970). ''Siempre de Negro. Galicia en la Contrarreforma.'' Galaxia: Vigo. pp. 29-35</ref>, a falta dun ambiente propicio para o seu funcionamento e o escaso celo inquisitorial nas estruturas eclesiásticas e civís revélase no feito que despois do seu definitivo estabelecemento e total autonomía respecto ao Tribunal de Valladolid, aínda non comezou a súa actividade represiva até 1575, ano no que se celebraron dous autos da fe en Santiago. Tal como relata [[Vicente Risco]]<ref>Risco, Vicente (1952). ''Historia de Galicia.'' Galaxia: Vigo. pp 148</ref>, nestes autos foron torturadas e executadas públicamente un total de 23 persoas, entre as que contaban varios mariñeiros franceses luteranos e tres mulleres galegas acusadas de prácticas que os inquisidores identificaban e caracterizaban como bruxería. Nos anos seguintes, o Tribunal azoutou e desterrou varias persoas acusadas de prácticas xudaizantes e, en 1579, quemou máis unha muller na fogueira baixo a acusación fabricada de bruxería.
 
A Inquisición ocupou diferentes predios na cidade de Compostela: [[Mosteiro de San Martiño Pinario]], o Pazo de MonterreyMonterrei e a Casa Grande do Hórreo ou de Calo, fronte a Porta da Mámoa no que hoxe é coñecido como Praza de Galicia <ref>Pita Galán, Paula. (2012). ''Las nuevas casas de la Inquisición en Santiago de Compostela: del palacio de Monterrey a la sede de Porta da Mámoa.'' Cuadernos de Estudios Gallegos. 59. 157-191</ref> e antiga Plaza de la Inquisición. Este último edificio foi derrubado para construír o actual Hotel Compostela, inaugurado o 23 de agosto de 1930.
 
== Notas ==