Pedro Calderón de la Barca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «tal vez»
m Reemplazos con Replacer: «abstracións»
Liña 36:
 
== Os personaxes de Calderón ==
O teatro de Caldrón presenta unha grande concentración no heroe central da obra, o que conleva unha maior dose de subxetivismo. Os heroes de Calderón son heroes razoadores, pensantes e monologadores a manexar conceptos, abstraciónsabstraccións e todos os elementos ideolóxicos da época recollidos nunha abafante sofisticación estilística e habilísimo manexo escenográfico. A dramática calderoniana é un extraordinario exemplo de literatura ao servizo dunha ideoloxía<ref>{{Cita libro|título=Historia social de la literatura española en lengua castellana|apelidos=Blanco Aguinaga|nome=Carlos|editorial=Castalia|ano=1978|ISBN=84-7039-297-2|apelidos2=Rodríguez Puértolas|nome2=Julio|apelidos3=Zavala|nome3=Iris M.}}</ref>, destacando o [[estoicismo]] filosófico cristianizado, o [[Neoescolástica|neoescolasticismo]] e o [[Contrarreforma|contrarreformismo]] [[Concilio de Trento|tridentino]] máis consciente. Son básicos os característicos conceptos sobre o desengano e a inutilidade da vida e do humano, orixinado todo pola crenza no pecado orixinal e no libre albedrío. É entre estes dous extremos polarizadores que os conflitivos personaxes de Calderón se moven, xunto coa aceptación dos valores dunha sociedade ríxidamente xerarquizada en castes. As obras dedicadas ao tema dos ciúmes e a limpeza sanguenta da honra elevan ao seu autor ás cimas da exaltación casticista e patriarcal. Os maridos calderonianos son seres complexos, atormentados e conflitivos, suxeitos á rixidez da honra e da opinión social, da que son perfectamente conscientes, como acontece en ''El pintor de su deshonra'' ou ''El médico de su honra,'' onde a esposa é totalmente inocente, a pesar de ter todas as aparencias na súa contra. Na realidade, a casuística adquire aquí categoría estrutural, como en ''A secreto agravio, secreta venganza:'' personaxes neuróticos capaces de razoar e argumentar sobre o labirinto no que foron colocados polo casticismo, mais incapaces de escapar da opresiva rede ideolóxica expresada no código de honra e do autoritarismo patriarcal da institución matrimonial. Personaxes incapaces, en fin, de deixar de considerar a muller como obxecto de posesión persoal.
 
== A dramaturxia calderoniana ==