Paulo IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Escudo
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Sen resumo de edición
Liña 43:
Emulando a [[Xulio II, papa|Xulio II]] no seu grito de «fóra os bárbaros», e utilizando os seus mesmos procedementos, Paulo IV, que non contaba con capacidade bélica para enfrontar ós exércitos españois, instou a [[Francia]], coa que España acababa de firmar o tratado de [[paz de Vaucelles]] (1556), para que atacase as posesións españolas en Italia, aproveitando que Carlos I abdicara no seu fillo.
 
Así pois, roto o tratado por instigación papal, [[Henrique II de Francia|Henrique II]] dirixiu contra as posesións hispanas no sur de Italia un exército ó que se sumaron tropas pontificias ó mando do [[duque de Guisa]]. Pero alí lles esperaba prevido o vicerrei de Nápoles, [[Fernando Álvarez de Toledo]], [[Ducado de Alba|duque de Alba]], que á fronte dun nutrido e ben adestrado exército español non esperou a que o inimigo chegase, senón que tomou a iniciativa e marchou cara Roma. Bateu ós franceses en tódolos seus encontros ocupando diversas prazas pertencentes ós [[Estados pontificios]], entra elas a mesma [[Anagni]], deixando constancia de que a captura era circunstancial e que as retería só ata que o Papa Caraffa fose deposto e substituído.<br />
 
En abril de 1557 obtivo un resoado triunfo en [[Civitella del Tronto]], onde o exército franco-papal quedou seriamente desgastado. A súa minguada forza desmoronouseesborrallouse finalmente cando o 10 de agosto dese ano as tropas de Filipe II infrinxiron ás francesas a rotunda desfeita de [[San Quintín]] e o duque de Guisa foi chamado precipitadamente á defensa do seu propio país.<br />
 
O duque de Alba entrou en Roma sen oposición; alí encontrou ó Papa esnaquizado e rendido que suplicaba a paz. Concedéuselle. Paulo IV comprometeuse a non fomentar nin facer a guerra ó monarca español e a non realizar novas fortificacións nas prazas de soberanía eclesiástica.