Cidade Real: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 50:
O municipio de Cidade Real comprende catro núcleos de poboación, Cidade Real, Las Casas, Valverde e La Poblachuela. Cidade Real está urbanisticamente separada por escasos metros da veciña localidade de [[Miguelturra]], formando un continuo demográfico. Cidade Real atópase na rexión histórica da [[A Mancha|Mancha]], concretamente na comarca natural do [[Campo de Calatrava]], caracterizada por toda unha chaira e situada na submeseta sur da [[península Ibérica]], ao bordo dun extenso territorio que presenta a particularidade do relevo e os fenómenos volcánicos. Así, pódense observar formacións do relevo que adoitan recibir o nome de "morro" ou "cabezo" e cráteres hidromagmáticos de explosión ou [[maar]], que ás veces albergaban lagoas. Estas, en ocasións, foron desecadas na segunda metade do [[século XIX]] como consecuencia das ideas e políticas hixienistas ou miasmáticas da época, como a de Los Terreros, onde se atopa actualmente a Facultade de Educación.
 
A zona centro-sur de Cidade Real atópase emprazada sobre dúas [[Maar|maares]], cuxos fondos de cráter sitúanse na Plazapraza deldo Pilar e na fonte do Hospital Xeral. No seu termo municipal, atópanse outros maares ou cráteres de explosión, como o da lagoa de La Posadilla (tamén chamado de Fuentillejos), declarada Monumento Natural.
 
Outros fenómenos son as augas agres, fervedoiros e baños termais. O relevo do termo municipal é chairo con lixeiras ondulacións e con pequenos outeiros volcánicos ademais de pequenas serras cuarcíticas. O [[río Guadiana]] suca este territorio represado para o regadío no [[encoro de El Vicario]].