Aparato reprodutor feminino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
 
* [[Trompa de Falopio|Trompas de Falopio]] ou tubas uterinas. Condutos de entre 10 e 13 cm que comunican os ovarios co útero e teñen como función levar o óvulo ou o cigoto ata o útero. A fecundación normalmente ten lugar nas trompas. En raras ocasións o embrión pode desenvolverse nunha das trompas orixinándose un perigoso [[embarazo ectópico]]. O infundíbulo é a parte ensanchada que dá ao ovario, onde hai uns flocos chamados fimbrias. No outro extremo a abertura que desemboca no útero denomínase ''ostium tubárico''.
* [[Útero]]. Órgano oco e musculoso con forma de pera no que se desenvolverá o feto durante a xestación. A parede interior do útero é o [[endometrio]], o cal presenta cambios cíclicos mensuais controlados hormonalmente, e despréndese e sangra (regra) en cada ciclo menstrual. Debaixo do endometrio hai unha capa de [[músculo liso]] ([[miometrio]]) importante nas contraccións do parto. No útero fórmase a [[placenta]] que comunica o aparato circulatorio da nai e o do feto. A zona de conexión coa vaxina é o [[cérvix uterino]], máis estreito e con glándulas mucosas.
* [[Vaxina]]. É o canal elástico e muscular que comunica o útero co exterior, na que se produce a copulación, por onde entran os [[espermatozoide]]s, e por onde sae o fluxo menstrual e o neno durante o nacemento.