Diferenzas entre revisións de «Xurenzás, Boborás»

(Xurenzás na cultura popular)
 
Unha lenda busca explicar a orixe do nome de ''Xurenzás''. Conta que un [[mouro (mitoloxía)|mouro]] chamado Zas, que vivía nesta parroquia, se enamorou da filla doutro mouro, que tamén vivía aquí, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "''Xuro en Zas que estou vencido''". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás <ref>Vicente Risco, 320.</ref>.
 
[[Vítor Vaqueiro]] dá unha segunda versión, na que foi Zas, despois de teimar ante o pai da moza e mesmo intentar comprarlle a filla, quen a encantou, ante o que o pai declaroulle a guerra, aínda que a perdeu. Zas, vencedor, obrigoulle a proferir o xuramento <ref>Vítor Vaqueiro, 521.</ref>.
 
==Lugares e parroquias==
59.324

edicións