Orbán, Vilamarín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 18:
 
=== Lendas ===
Conta a lenda que enno lugar de [[Marcelle, Orbán, Vilamarín|Marcelle]], desta parroquia de Orbán, vivían dúas [[mouro (mitoloxía)|mouras]], fermosísimas e lixeiramente vestidas, que provocaban a luxuria dos paisanos. Dunha volta, un home mercou unha xugada de bois a un labrego na feira de [[Carballedo]] <ref>Concello de Lugo lindante con Vilamarín, en Ourense.</ref>, pero pediulle que tivera man dela mentres arranxaba uns asuntos na feira. Ó rematar o día, volve o home, toma a xugada e acordan facer xuntos o camiño de volta.
 
Ó chegar xunto ó castro do Piñeiro, o home dá co pé no chan e ábrese a terra. Entran os dous, coa xugada, e camiñan un treito, ata que lle di ó labrego que se agoche un momento. Entón achéganse as dúas mozas, armadas con cadanseu coitelo, e matan un dos bois. Pero unha das mozas di que ''lle cheira a cristianillo vivo'', ó que o pai quita importancia asegurando que ''é pan cocido''. Ó mencer, libera ó feirante sen facerlle ningún mal.