Río dos Gafos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Liña 53:
Noutra versión desta lenda, a moura botou man do home e arrastrouno ó fondo do río co seu carro e cos bois que turraban del.
 
Cóntase tamén que no río dos Gafos, en [[Figueirido, PontevedraVilaboa|Figueirido]], vive un [[trasno]] que, o día de [[Aninovo]] achégase a algunha persoa e asubíalle na orella (de aí que tamén o chamen ''demo asubiador''). Como consecuencia, esa persoa pasará todo o ano escoitando asubíos e sen saber de onde poden vir. Menos mal que no seguinte Aninovo o trasno buscará outra persoa a quen asubiar e aquel quedará libre do encanto.
 
Máis grave é a presenza nas beiras do río, ó seu paso por [[Salcedo, Pontevedra|Salcedo]], do ''Rachador'', un personaxe que actúa como un [[lobishome]], violando e matando mulleres. Ata agora, ninguén puido descubrilo e, por tanto, os seus crimes continúan sen castigo.