Microsoft Encarta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Sen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 1:
{{en uso}}
'''Microsoft Encarta''' é unha [[enciclopedia]] [[multimedia]] [[Sistema dixital|dixital]] publicada por [[Microsoft|Microsoft Corporation]] dende [[1993]] ata [[2009]] (en español e portugués desde a versión ''97''). No ano 2008, a edición completa en [[lingua inglesa|inglés]] de '''''Encarta Premium''''' contiña máis de 62.000 artigos, mentres que a súa versión en español, incluía uns 43.000.<ref name="Encarta2009">[http://www.microsoft.com/learningspace/Products.aspx?prod=encarta Encarta 2009 Information] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20090627024537/http://www.microsoft.com/learningspace/Products.aspx?prod=encarta |date=27 de xuño de 2009 }} {{En}}.</ref>
 
== Historia e características ==
=== Precedentes ===
A idea de levar o concepto enciclopédico ao mundo do dixital desenvólvese por vez primeira pola empresa Arete Publishing, pruducindo unha versión experimental da Aerican Academic Encyclopedia en formato videodisc no ano 1982. Este experimento multimedia non foi comercializado.
A primeira versión dunha enciclopedia dixital comercial chegaría no ano 1985, coa aparición da Electronic Encyclopedia from Grolier, sendo completamente textual.
Non foi ata o ano 1989 que vería a luz a primeira enciclopedia multimedia que podía ser adquirida polo público xeral. Foi a Compton's Multimedia Encyclopedia CD-ROM.
Coa dixitalización do contido, os 26 volumes ficaban reducidos ao tamaño da palma da man e a experiencia de acceso á información era algo non visto ata aquel momento, grazas aos sistemas de indexación informatizados, máis eficientes que a indización clásica.
Gorlier editou unha nova enciclopedia dixital no ano 1990, desta volta multimedia.
MIcrosoft,aproveitando o traballo técnico que xa tiña feito desde 1987 para Microsoft Bookshelf, comezou a traballar nalgo que decidiron chamar en clave Proxecto Gandalf.
=== Característcas ===
Ademais das entradas enciclopédicas, a información era complementada con numerosas fotos e ilustracións, clips de son e vídeos, elementos interactivos, liñas de tempo, mapas, un atlas xeográfico e ferramentas para resolver tarefas estudantís. A enciclopedia estaba dispoñible en [[DVD|DVD-ROM]] ou varios [[CD-ROM]]s e tamén tiña dispoñibilidade limitada (con publicidade) a os seus contidos en liña na [[World Wide Web|Web]], cunha subscrición anual para acceder a máis contido.