Supermarine Spitfire: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 32:
O Type 224 foi unha gran decepción para Mitchell e o seu equipo de deseño, que inmediatamente comezou a realizar unha serie de deseños novos usando a súa experiencia cos hidroavións do Trofeo Schneider como punto de partida.<ref name=":0" /> Isto levou ao Type 300, con tren de aterraxe retráctil e unha envergadura reducida en 1,8 metros. Este deseño enviouse ao Ministerio do Aire en xullo de 1934, pero non foi aceptado.<ref>Price 1982, p. 16</ref> Posteriormente pasou por unha serie de cambios, incluída a incorporación dunha cabina pechada, aparato de respiración de osíxeno, ás máis pequenas e delgadas, e o novo e máis potente motor Rolls-Royce PV-XII V-12, despois chamado "Merlin". En novembro de 1934 Mitchell, co respaldo de Vickers-Armstrong, dona de Supermarine, comezou o traballo de deseño detallado da súa versión refinada do Type 300.<ref>Price 1982, p. 17</ref>
 
O 1 de decembro de 1934 o Ministerio do Aire publicou o contrato ''AM 361140/34'', proporcionando 10 000 libras para a construción do deseño mellorado do Type 300 de Mitchell.<ref>Price 1977, p. 20</ref> O 3 de xaneiro de 1935 formalizouse o contrato cunha nova especificación, a F10/35.<ref>Price 1999, pp. 16, 17</ref> En abril de 1935 cambiouse o armamento de dúas metralladoras Vickers de 7,7 mm en cada á a catro Browning de 7,7 mm,<ref>Price 1977, p. 32</ref> tras unha recomendación do líder de escuadrón Ralph Sorley da sección de Requerimentos Operativos do Ministerio do Aire.<ref name=":1">Glancey 2006, pp. 37-38</ref>
 
O prototipo do Spitfire, coñecido como F37/34 ou Supermarineo 300''K5054'', voou por primeira vez o [[5 de marzo]] de [[1936]] na fábrica de Eastleigh, preto de [[Southampton]]. Aos controis estaba o capitán Joseph "Mutt" Summers, xefe de pilotos de proba de Vickers, que dixo ao aterra "Non toquedes nada".<ref>Gunston et al. 1992, p. 334</ref> Este voo de oito minutos<ref name=":1" /> chegou catro meses despois do primeiro voo do contemporáneo Hurricane.<ref>{{Cita web|título=Best of the Battle of Britain|url=https://www.smithsonianmag.com/air-space-magazine/best-of-the-battle-of-britain-24758501/|páxina-web=Smithsonian Magazine|data-acceso=2022-03-24|lingua=en|nome=Smithsonian|apelidos=Magazine}}</ref> A finais dese ano instalóuselle un armamento de oito metralladoras e comezaron as probas operacionais. Antes diso, en xuño, o Ministerio do Aire británico xa asinara un contrato con [[Supermarine Aviation]] para mercar 310 avións.
 
O primeiro Spitfire de serie voou case dous anos despois, o [[11 de maio]] de [[1938]], un ano máis tarde do previsto. Estaba equipado coa nova versión do motor Merlin, que lle daba unha velocidade de 470 millas/hora, cando o prototipo o voara a un máximo de 380. Isto puxo de manifesto un problema que tiña o Spitfire e que sería arranxado moito máis adiante: as superficies de control eran de revestimento téxtil, e a velocidades por riba das 400 millas/hora inchábanse e facían o avión practicamente ingobernable.
Liña 75:
== Bibliografía ==
 
* PriceAndrews, AlfredC.F. e E.B. Morgan. ''Spitfire:Supermarine AAircraft Documentarysince History1914''. LondonLondres: Macdonald and Jane'sPutnam, 19771987. {{ISBN|0-35485177-01077800-83}}.
 
* Price, Alfred. ''The Spitfire: A Documentary StoryHistory''. LondonLondres: Macdonald and Jane's Publishing Company Ltd., 19821977. {{ISBN|0-86720354-62401077-18}}.
 
* Price, Alfred. ''The Spitfire Story''. Londres: Jane's Publishing Company Ltd., 1982. {{ISBN|0-86720-624-1}}.
{{Control de autoridades}}