Bienio Moderado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Columnas
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «nomeou ao»
Liña 6:
Isto deulle a oportunidade ao ''Duque de Tetuán'', durante a súa breve presidencia, de levar unha política contemplativa, na que tratou de contentar a todo o mundo. Así, non fixo a habitual renovación de funcionarios adictos cando se producían cambios no goberno. Por outra banda, anunciou unha reforma da Milicia Nacional que rematou na súa disolución (co fin de contentar aos progresistas) e restableceu a [[Constitución española de 1845|Constitución de 1845]], á que engadiu unha ''Acta Adicional'' ampliando as liberdades daquel texto (co fin de agradar aos [[Partido Moderado|moderados]])<ref>PAREDES, Javier: ''Los bienios progresistas y moderado (1854-1858)'', artigo en ''Historia contemporánea de España (1808-1939)''. Barcelona, 1997, pp. 269-270.</ref>. Tamén decretou o [[estado de sitio]], tratando de sufocar as revoltas e altercados públicos (mesmo en xullo en [[Madrid]] por causa do cambio de Goberno) e a transformación dalgunhas Deputacións provinciais en Xuntas de Goberno.
 
Pero non foi suficiente. En outubro, a Raíña destituiu a O'Donnell e nomeou aoo moderado [[Ramón María Narváez]]. Para algúns, a fin do Bienio Progresista produciuse neste momento e non en xullo, aínda que para outros os cambios do novo bienio pódense ver xa co tinerfeño.
 
== Breve tempo de estabilidade ==