Teatro crítico universal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «nomeou ao»
Liña 7:
A obra, escrita no contexto da era da [[Ilustración]], recolle no título a acepción [[teatro]] como ''panorama xeral'', común naquel momento. Abrangue cento dezaoito ensaios que abordan as máis diversas materias, como [[filoloxía]], [[física]], [[matemática]], [[ciencias naturais]], [[medicina]], [[astronomía]], [[xeografía]], [[economía]], [[dereito]], [[relixión]], [[política]], [[filosofía]] ou [[literatura]]. O obxectivo de Feijoo, xa indicado no subtítulo, pretende corrixir vellas supersticións, prexuízos e costumes, cuestión que xa emprenderan autores europeos como [[Thomas Browne]] en [[Inglaterra]] e [[Christian Thomasius]] en [[Alemaña]]. Feijoo aparece como unha figura defensora do [[método experimental]] en ciencia, amósase moderadamente escéptico en asuntos relativos á [[haxiografía]], aínda que sen reflectir ningunha dúbida sobre o dogma [[Igrexa católica|católico]]. Feijoo escribiu esta obra cun estilo sinxelo, con influencia do estilo e aire, entón predominante, da prosa francesa<ref>Ferrarin, A. R., ''Diccionario Literario Bompiani de obras y personajes de todos los tiempos y todos los países'', tomo X. página 41. Barcelona: Hora, 1992.</ref>.
 
Foi unha das obras máis divulgadas e polémicas do [[século XVIII]] español, chegando aos 600.000 exemplares vendidos, e sendo traducida ao [[lingua inglesa|inglés]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua italiana|italiano]], [[lingua alemá|alemán]] e [[lingua portuguesa|portugués]]. Recibiu a crítica de coetáneos seus, como [[Salvador José Mañer]], que chegou a escribir un ''Anti-Theatro Crítico''. Porén, recibiu boa acollida por parte do papa [[Bieito XIV]] e de diversos prelados e escritores. O rei [[Fernando VI de España]] nomeou aoo Padre Feixoo Conselleiro do reino, se ben o padre beneditino rechazou permanecer na corte.
 
== Temática ==