Pazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Revierto parcialmente cambios de Replacer
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
 
Liña 2:
{{Outros homónimos|Pazo (homónimos)}}
[[Ficheiro:Cambados 060905 Pazo de Fefiñáns.jpg|dereita|thumb|250px|[[Pazo de Fefiñáns]], [[Cambados]].]]
Un '''pazo''' (''paço'' en [[Lingua portuguesa|portugués]]) é un tipo de [[casa señorial]] tradicional galega, grande para o seu tempo, posuidora de signos heráldicos (escudo ou brasón) e de proporcións e riscos suntuarios que a diferenza das demais do hábitat rural da zona. Eran a residencia de persoas importantes na súa [[comunidade (socioloxía)|comunidade]] (baixa nobreza galegae s fidalgos, e antes, de [[rei]]s ou [[nobreza|nobres]]). Estes posuían os foros (cesión das terras aos campesiños nos séculos XVII e XVIII a cambio de recibir rendas) e polo tanto tiñan un gran poder económico. Foron de importancia crucial nos séculos XVII a XIX, relacionados coa arquitectura rural e monástica e o sistema de organización feudal, xa que constituían unha especie de unidades de xestión local ao redor dos cales transcorría a vida dos aldeáns. Co tempo foi converténdose na marca social e refuxio da decrecente clase [[fidalguía|fidalga]], que retrataron nas súas novelas escritores coma [[Otero Pedrayo]], [[Emilia Pardo Bazán]] e [[Ramón María del Valle-Inclán|Valle-Inclán]].
 
Ao pazo coma estrutura arquitectónica asociábaselle unha rede social: a dos serventes do fidalgo e dos tributarios de [[Foro (contrato)|foros]], que mesmo chegaban a vivir no mesmo recinto (sobre todo os primeiros). Como palabra, pazo (en [[Lingua portuguesa|portugués]]: '''''paço''''') é un [[cognado]] de ''[[palacio]]'', pois procede do latín ''palatiu(m)''. Os pazos de [[Galiza]] son un excelente exemplo de [[arquitectura]] civil tradicional, aínda que moitos tamén teñen unha [[capela]] propia para celebracións relixiosas.