Nacionalidade histórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 6012813 de 83.165.14.218 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 8:
 
== Historia e características ==
Termo recorrente na política do [[Estado español|l]]. É usado para designar aquelas comunidades autónomas que polo seu pasado histórico e mais o seu presente contan cunha identidade colectiva, lingüística e cultural de seu, diferenciada da recoñecida como española. A Constitución Española de 1978 non fai mención explícita a este termo, malia que foi discutido e segue a ser unha cuestión polémica que hoxe figura nos estatutos dalgunhas comunidades autónomas, as cales posúen un grao maior de competencias cedidas por parte do goberno do Estado.
=== Estatutos ===
Con data de [[2010]], as comunidades autónomas que teñen recoñecida a característica de «nacionalidade», segundo está estipulado en cadanseu estatuto, son:
 
* [[Comunidade Autónoma de Andalucía]]: utiliza o termo «''nacionalidade''» no primeiro estatuto da restauración democrática, pero na reforma en marcha en 2006, está a considerarse o termo realidade nacional.
* [[Comunidade Autónoma de Aragón]]: utiliza o termo «nacionalidade» a partir das modificacións de 1996<ref>[http://www.aragob.es/pre/cido/eprelimi.htm Estatuto de Autonomía de Aragón] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20100104232343/http://www.aragob.es/pre/cido/eprelimi.htm |date=04 de xaneiro de 2010 }}. Título preliminar, artigo 1º.</ref>.
* [[Comunidade Autónoma das Illas Baleares]]: usa o termo «nacionalidade histórica» xa no primeiro artigo do estatuto de autonomía do 1983.
* [[Comunidade Autónoma das Illas Canarias]]: a partir da reforma de Estatuto de Autonomía de 1996.
* [[Comunidade Autónoma de Cataluña]]: utilizaba o termo «nacionalidade» no primeiro estatuto da restauración democrática, e na reforma de 2006, aparece o termo nación no preámbulo.
* [[Comunidade Autónoma Galega]]: utiliza o termo «'''nacionalidade histórica'''» xa no primeiro estatuto da restauración democrática.
* [[Comunidade Autónoma Vasca]]: utiliza o termo ''«nacionalidade''» no primeiro estatuto da restauración democrática.
* [[Comunidade Autónoma Valenciana]]: a partir do Estatuto de Autonomía de 2006 utiliza o termo "nacionalidade histórica".