Batalla de Poltava: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
|cor =
|}}
[[Ficheiro:Mazepa2.JPG|miniatura|305px|[[Carlos XII de Suecia|Carlos XII]] (sentado) e o [[atamán]] [[cosacos|cosaco]] [[Iván Mazepa]] no río [[Río Dniéper|Dniéper]], despois da batalla. Cadro de [[Gustaf Cederström]].]]
A '''batalla de Poltava''' librouse entre os exércitos do [[tsar]] [[Pedro I de Rusia]] e o [[rei]] [[Carlos XII de Suecia|Carlos XII]] de [[Suecia]], o [[8 de xullo]] de [[1709]], e foi unha das máis famosas batallas da [[Gran Guerra do Norte]]. Terminou coa vitoria [[Imperio ruso|rusa]], iniciando así a fin do [[Reino de Suecia]] como superpotencia en [[Europa]].
 
Liña 36:
Ao norte, o ataque sueco debilitouse cando un contraataque ruso, comezado ás 10:10 cunha forza de cabalaría ao mando do xeneral [[Aleksandr Danílovich Ménshikov|Ménshikov]], atacou o flanco dereito sueco illando á infantaría sueca, que quedou fronte á infantaría rusa do centro, mandada por Pedro I en persoa. Ás 10:30 outra sección de cabalaría rusa, mandada polo xeneral Bauer, atacou o flanco e a retagarda esquerda suecas, rompendo as súas liñas en 15 minutos.
 
Vendo a derrota do seu exército, Carlos XII ordenou a retirada ás 11:00. Ao mediodía, a batalla concluíra, pois a cabalaría rusa reagrupara os extraviados no campo de batalla e volvera ás súas propias liñas. O rei sueco reuniu entón o resto das súas tropas e o tren da bagaxe, e retirouse ao sur un pouco máis tarde, o mesmo día, abandonando o sitio de Poltava. Os rusos perseguiron os suecos que se dirixían ao río [[Río Dniéper|Dniéper]], logrando tres días máis tarde a rendición en [[Perevolochna]], o [[1 de xullo]].
 
Carlos XII logrou atravesar o [[río Prut]], xunto coa súa garda persoal e algúns altos oficiais, dirixíndose á cidade de [[Bender, Moldavia|Bender]], no [[Imperio otomán]], onde encontrou refuxio.