Lebor Gabála Érenn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Algún enlace interno
Etiquetas: Edición visual edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Gasparoff (conversa | contribucións)
Liña 12:
 
# '''Da Creación do Mundo e a Diáspora das Nacións'''; Nesta parte relátase a xénese celta, influenciada xa pola cosmogonía cristiá. Encóntranse trazas de varias obras da antigüidade, en especial de ''[[De Civitate Dei]],'' de [[Agostiño de Hipona]]; a ''Historiae adversum paganos'', de [[Orosio]]; a ''Crónica'' de [[Eusebio de Cesarea]] —traducida ó latín por [[San Xerome]]— e das ''Etimoloxías'' de [[Isidoro de Sevilla]]. Esta é unha parte de natureza netamente [[Mitoloxía|mitolóxica]] que somete os [[Paganismo celta|mitos pagáns célticos]] e pre-gaélicos a unha reinterpretación condicionada pola mitoloxía xudeocristiá.
# '''Da Historia dos Celtas dende a Diáspora das Nacións ata a Chegada a Irlanda''': Neste libro sitúase a orixe dos celtas gaélicos como descendentes do rei Fénius Farsaid, un dos setenta e dous próceres que construíron a Torre de Nimrod ([[Torre de Babel]]). A lingua irlandesa nace cando o seu avó Gaedel Glas a toma como unha das setenta e dúas linguas nas que se divide o mundo coa caída da torre. Este únese a Scotta, filla do [[faraón]] de Exipto e, ó igual que nos tempos de [[Moisés]], comezan un éxodo de catrocentos corenta e catro anos, chegando ó final deles a [[Hispania]]. Un dos seus descendentes, [[Breogán]], funda alí a cidade de [[Brigantium]] e nela constrúe unha torre dende a que o seu fillo [[Ith]] podía ver [[Irlanda]]. Trátase da [[Torre de Hércules]]. Este mito permanece na cultura galega, formando parte da [[Mitoloxía galega|identidade galega]], e está presente no [[Himno galego|Himno nacional]], no que se lle chama a [[Galiza]] a ''[[Nazón de Breogán]]''.
# '''Do Pobo de Cessair''': No terceiro libro cóntase a historia de Cessair, filla de Bith ([[Noé]]?) que avisa ao seu pai da chegada do [[Diluvio|Diluvio Universal]]. Conseguen partir en barcos feitos de árbores pero só chega ao seu destino, Irlanda, un dos tres barcos. Nel vai ela, Cessair, con outras corenta e nove mulleres e só tres homes (o seu pai, o seu compañeiro Fintán Mac Bóchra e o temoneiro Ladra). As mulleres escollen o seu home, de forma que Cessair e outras dezaseis mulleres elixen a Fintán; outras dezaseis, xunto con Bairrfhind, compañeira de Cessair, elixen o seu pai. As restantes dezaseis elixen a Ladra, que morre pouco despois, sendo o primeiro home a ser soterrado en terra irlandesa. Corenta días despois chega o Diluvio, e Fintán logra sobrevivir refuxiándose durante un ano nunha cova baixo as augas. Chamado o Ancián Branco, vive durante 5500 anos trala Inundación e presencia os seguintes asentamentos celtas baixo a forma dun salmón, unha aguia e un falcón sucesivamente.
# '''Do Pobo de Partholón''': trescentos anos tralo diluvio, Partholón, da mesma estirpe dos Gaélicos, chega a Irlanda cos seus tres fillos e o seu pobo. Tras dez anos de paz, chega a guerra cos Fomorianos, unha raza de demos acaudillados por Cichol Gricenchos. O pobo de Partholón sae vitorioso, pero por pouco tempo. En só unha semana son decimados por unha praga -cinco mil homes e catro mil mulleres- que son soterrados na Chaira do Elta, ao suroeste de [[Dublín]], nunha área chamada Tallaght, que significa "a grande praga" en gaélico. Só un home sobrevive a ela, Tuán Mac Cairell, quen (do mesmo xeito que Fintán Mac Bóchra) sobrevive durante séculos encadeando unha serie de transmigracións, de forma que actuará como testemuña da historia posterior. Este libro inclúe tamén a historia de Delgnat, a muller de Partholón, que é similar á da [[Xenebra (raíña)|Xenebra]] [[ciclo artúrico|artúrica]].