Salvador Cabeza de León: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe
 
Liña 8:
Membro da Xuventude Católica, foi un convencido [[Carlismo|carlista]]. Licenciouse en Dereito na [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[1884]]. Amigo de [[Alfredo Brañas]], do que foi profesor auxiliar, ata obter a súa propia cátedra de Dereito Internacional en [[1903]]. Tras a dimisión presentada por Francisco Piñeiro Pérez, foi elixido provisionalmente alcalde de Compostela o día 30 de novembro de 1910, ata a súa toma de posesión efectiva no 20 de febreiro de 1911, despois de que Piñeiro reconfirmase a súa renuncia días antes. Permanecería no cargo ata o 1º de xaneiro de 1914<ref>''[[El Eco de Santiago]]'', 2-1-1914, p. 1.</ref>. Tamén foi decano da Facultade de Dereito.
 
En novembro de [[1890]] participou na constitución da [[Asociación Regionalista Gallega]] que presidiu [[Manuel Murguía]]. En [[1917]] deu o discurso de apertura do curso universitario 1917-1918 da USC coa lectura de "''Notas sobre la disciplina escolar en la Universidad de Santiago durante los siglos XVI, XVII y XVIII''". Foi socio fundador da [[Real Academia Galega]]. En [[1919]] integrouse na Irmandade da Fala de Compostela. O [[21 de xuño]] de [[1920]] foi elixido vogal do ''Comité Compostelán da Asociación Española para o Progreso das Ciencias''<ref>''[[El Compostelano]]'', 22-6-1920. A presidencia ocupouna [[Lino Torre Sánchez-Somoza]], sendo vogais, aparte do propio Cabeza, [[Máximo de la Riva García]], Marcelino Blanco de la Peña e Eugenio Labarta, sendo secretarios Ruperto Lobo Gómez e Antonio García Varela.</ref>. En [[1921]] fundou con outras personalidades a agrupación folclórica compostelá ''[[Cantigas e Agarimos]]'', da que foi elixido o seu primeiro presidente<ref>[http://www.cantigaseagarimos.es/?page_id=35 Páxina de ''Cantigas e Agarimos''].</ref>. En [[1925]] pasou a ocupar a presidencia do [[Seminario de Estudos Galegos]], que non abandonou ata a súa morte. En [[1927]] escribiu o limiar de ''[[Estampas Compostelanas]]'', a primeira publicación [[bibliografía|bibliográfica]] de [[Ksado]], quen na edición de [[1948]] substituíunaa substituíu por outra de [[Valentín Paz-Andrade]].
 
Morreu en 1934, a punto de xubilarse.