Sitta krueperi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 71:
Esta especie ten unha estreita relación co piñeiro ''[[Pinus brutia]]'' e a distribución das aves é case a mesma que a da árbore. Porén, a ave está ausente dos bosques deste piñeiro de [[Crimea]], noroeste de [[Siria]], o [[Líbano]], o norte de [[Irak]] e [[Acerbaixán]], pero pode que vivise no pasado ou incluso pase desapercibido nesas áreas. ''S. krueperi'' é unha [[ave sedentaria]], pero é obrigado a pequenas dispersiónss despois da tempada de cría. Houbo no pasado movementos estacionais altitudinais, dalgunhas destas aves, quizais de adultos no seu primeiro ano, que descenden das alturas no inverno para regresar ao [[bosques temperados de frondosas e mixtos|bosque mixto caducifolio]]. A ave aínda se observa comunmente no [[Instituto de Investigación de Silvicultura de Montaña e Dendrarium de Sochi|arboreto de Sochi]] (Rusia), que ten moitas coníferas.<ref name="Harrap139"/>
 
Vive en bosques temperados de coníferas, desde o nivel do mar ata uns 2&nbsp; 000 metros, e localmente ata a liña e árbores a 2&nbsp; 500 m. En Turquía vive principalmente entre os 1&nbsp;000 e 1&nbsp;600 m, e o poboa os bosques de piñeiros ''Pinus brutia'' e ''[[Pinus nigra]]'', píceas ''[[Picea orientalis]]'', abetos ''[[Abies nordmanniana]]'' e ''[[Abies cilicica]]'' e cedros do Líbano (''[[Cedrus libani]]'').<ref name="Harrap139"/> As densidades de espécimes por quilómetro cadrado son 12,7, 11,6, 8,5 e 7,8, respectivamente, nos bosques de ''Pinus nigra'', ''Abies cilicica'', ''Cedrus libani'' e ''Pinus brutia''.<ref name="AlbayrakBairleinErdoğan2010"/><ref name="UICN"/> A maior altitude, pode vivir en cimbros (''[[Juniperus]]'').<ref name="Harrap139"/><ref name="UICN"/> No [[Cáucaso]] prefire os bosques de píceas entre 1&nbsp; 000 e 2&nbsp; 000 m, pero tamén bosques de abetos ''Abies nordmanniana'' e piñeiros.<ref name="UICN"/>
 
== Sistemática ==
Liña 117:
== Situación de conservación ==
 
A especie é común en Anatolia, pero escasa no Cáucaso. Na illa de Lesbos, o número é supostamente estable a pesar da destrución das árbores vellas causada pola explotación comercial de resina.<ref name="Harrap139"/> A modificación do hábitat debido a [[incendio]]s e a [[industria madereira]] representa un risco de extinción. En Turquía, unha lei que promove o turismo de 2003 aumentou as ameazas ás aves: reduciu a burocracia e fixo máis fácil construír instalacións turísticas e casas de veraneo na zona costeira onde o paxaro foi unha vez abundante, e a perda de bosques é un problema cada vez maior para o gabeador.<ref name="UICN"/><ref name="Turkey"/> As cantidades estímanse en arredor de 80&nbsp;000 a 170&nbsp; 000 parellas reprodutoras, 240&nbsp; 000 a 510&nbsp; 000 en total, e están diminuíndo. Por estas razóns, a especie considérase «[[especie case ameazada|case ameazada]]» pola [[Unión Internacional para a Conservación da Natureza]].<ref name="UICN"/>
 
== Notas ==