Substratos do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
A grande maioría de voces non indoeuropeas relacionadas co léxico vasco están pouco ou nada estendidas por territorios de actual fala catalá. Entre todo o repertorio léxico deste tipo hispanovasco cómpre distinguir tres tipos:
 
* Unha compoñente euroafricana ou mediterránea, espallada por [[Hispania]], [[Galia]], [[Italia]] e o norte africano datable no [[Paleolítico Superior]] (35.000 a. de C. - 8.000 a. de C.), relacionando o [[Lingua ibera\|ibero]] co [[lingua mauritana antiga|mauritano]] (unha lingua [[linguas bérberes|prebérber]] norteafricana) e causada pola relación transmediterránea. Nesta camada poderíanse considerar voces coma ''cosco, mata, queiroga'' e voces con ''carr-'' (''carqueixa, carrasco, carrapucho, carroucho'') segundo [[Johannes Hubschmid|Hubschmid]] e ''balsa, caram(b)elo, meda'' e voces con ''barr-'' ([[Bar de Arriba, San Paio, Santiago de Compostela|Bar de Riba]], en [[Santiago de Compostela]]) para Rivas Quintas.
* Unha compoñente hispanocaucásica, distribuída por Europa [[meridional]] dende o Atlántico ó [[Cáucaso]] e incluíndo Bulgaria e algunhas falas caucásicas e italianas. Probablemente chegadas por [[mar]], deben de estar emparentadas co protobasco e algunhas das palabras que quedan son ''coto'' (de moito rendemento toponímico dende [[Cantabria]] ó norte de [[Portugal]], mesmo moito tempo despois de desapareceren os seus falantes), ''morodo'' (e variantes con ''mor-'') e ''sobaco'', e para Rivas Quintas ''arando, argana, canto, charrúa, fatica, lesta'' e ''zamarra''.
* Un subgrupo con voces de distribución mediterránea moi desigual e, polo tanto, de orixe menos identificable. Para simplificar a exposición pódese facer unha táboa por zonas: