Mary Shelley: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Maria zaos (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «con a»
Liña 8:
== Traxectoria ==
=== Infancia e formación ===
Foi a segunda filla da famosa feminista [[Mary Wollstonecraft]] e do famoso filósofo libertario [[William Godwin]]. A súa nai morreu once días logo do seu nacemento e o seu pai casou pronto de novo. Baixo a súa tutela Mary recibiu unha excelente educación, pouco usual nas mulleres da época. Mary coñeceu a [[Percy Bysshe Shelley]], un político radical e librepensador coma o seu pai. Percy descontento co seu matrimonio, pronto comezou a visitar a Godwin con moita frecuencia. O 27 de xullo de [[1814]] el e Mary (con só 16 anos) namoráronse. A parella fuxiu a Francia xunto coa media irmá de Mary, [[Jane Clairmont]]. Esta foi a segunda fuxida do poeta, posto que xa con acoa súa anterior esposa Harriet escapouse facía tres anos. Á súa volta semanas máis tarde, a parella descubriu desencantada que as conviccións de Godwin sobre o [[amor libre]] non eran aplicables á súa filla.
 
Mary atopou consolo nos seus estudos e en Percy, quen sempre sería, malia a desilusión e a traxedia, o amor da súa vida. Percy, tamén, estaba satisfeito coa súa parella neses primeiros anos. Compracíase de que Mary puidese "sentir a poesía e entender a filosofía" - aínda que, como Harriet antes que ela, se opuxese á vontade do seu marido de compartila co seu amigo [[Thomas Hogg]]. Mary aprendeu así que a lealdade de Percy cara aos ideais do amor libre entraban en conflito coa procura do "verdadeiro amor", que tanto expresaba nos seus poemas.