Canón do Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Category->Categoría
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1:
[[ImageImaxe:Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza.jpg|thumb|350px|Río Sil ó seu paso pola provincia de Lugo]]
Os '''Canóns do río Sil''' son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o [[río Sil]], e o [[río Miño]]. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores.
 
Liña 9:
 
==Espazo natural característico==
[[ImageImaxe:CanondoSil.JPG|200px|thumbnail|Vista dende o interior dos canóns do Sil]]
Pola súa parte, o seu clima experimenta tamén importantes variacións, mostrando a súa condición [[clima mediterráneo|mediterránea-húmida]] nas ladeiras de solaina ou [[clima atlántico|atlántica-superhúmida]] nas partes máis ensombrecidas, como nas súas veigas e bosques ribeiríos.
 
As ladeiras da marxe dereita énchense orientadas ó mediodía, polo que están en boa parte aproveitadas para o cultivo da [[vide]] en [[socalco]]s. Os bosques climáticos están maioritariamente compostos de [[onfalode]]s (''Omphalodes nitida''), [[érbedo]]s (''Arbutus unedo''), uces brancas (''Erica arborea''), e [[piorno]]s (''Genista falcata'' e ''G. florida polygaliphylla''). Abundan tamén árbores tipicamente ripícolas e propias deste clima como os [[bidueiro]] (''Betula pubescens''), os castiñeiros (''Castanea sativa'') e as [[abeleira]]s (''Coryllus avellana'').
[[ImageImaxe:Viñedossil.JPG|left|200px|thumbnail|Viñedos da ribeira sacra, dende o interior do canón do Sil]]
As especies piscícolas das augas do Sil son predominantemente tres: a [[troita]] (''Salmo trutta fario''), o [[escalo]] (''Chondostroma polylepsis'') e o [[picón]] (''Gasterosteus aculeatus''). Existe tamén en canto á fauna unha amplísima variedade de [[réptil]]es e [[anfibio]]s, destacando a [[ra]] patilonga (''Rana iberica''), a [[píntega]] (''Salamandra salamandra''), a [[cobra]] de colar (''Natrix natrix'') e a [[lagarta]] brava (''Psammodronus algirus''). O número e a variedade de aves é aínda máis interesante, sobresaíndo algunhas coma o corvo mariño grande (''Phalacrocorax carbo''), ou numerosas aves de rapina como a aguia caudal (''Hieraetus pennatus''), a aguia branca (''Circaetus gallicus''), o [[miñato]] abelleiro (''Pernis apivorus'') ou o [[falcón]] peregrino (''Falco peregrinus''). Así mesmo, hai que dicir que se encontran na zona tódalas variedades de [[papuxa]] (''Sylvia'') existentes na [[Galiza]].
 
Liña 24:
 
==Un número case ilimitado de rutas naturais==
[[ImageImaxe:Galicia.Canon Sil.jpg|200px|thumbnail|Vista dende enriba dos canóns do Sil]]
O número de posibles itinerarios é enormemente amplo, se non case ilimitado. Dende Os Peares recoméndase percorre-la marxe esquerda do Sil, desviándose para toma-lo chamado Camiño da Barca, que leva por medio de densos bosques de [[castiñeiro]]s cara o [[mosteiro de Santo Estevo]]. Unha vez alí, é un momento ideal para encontrar os seus [[muíño]]s e baixar dende o mosteiro ata a marxe do Sil onde estaba o antigo embarcadeiro que o comunicaba con outros mosteiros da ''''Rivoyra Sacrata''''. Outra posibilidade é ir de [[Santo Estevo]] a [[Paradela]], volvendo por [[Cerdeiriñas]], polo camiño coñecido como "carreiro da amargura".