Celtiberos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5990652 de 85.137.50.42 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 11:
== Historia ==
[[Ficheiro:Noroeste Hispania.jpg|miniatura|300px|Nordeste de Iberia.]]
As primeiras referencias escritas sobre os mesmos débense a xeógrafos e historiadores grecolatinos ([[Estrabón]], [[Tito Livio]], [[Plinio o Vello|Plinio]] e outros), aínda que o seu estudo, que arrinca do [[século XV]], non adquire rango científico ata os inicios do [[século XX]] (marqués de Cerralbo, Schulten, Taracena, [[Julio Caro Baroja|Caro Baroja]] etc.), cobrando renovado impulso nos últimos anos ([[Wenceslas Kruta]]). Pese a este excepcional acervo literario, aínda hoxe se discuten aspectos fundamentais para a súa definición: os confíns do seu solar, a súa verdadeira personalidade ou a súa propia xenealoxía.
 
 
Con este termo adoita facerse referencia ás tribos celtas ou celtizadas da Península Ibérica, así como aos idiomas que estes grupos falaban, aínda que, realmente, o termo celtibero refírese unicamente a un dos pobos célticos da Península Ibérica existindo outros con outros nomes ([[vetóns]], [[vacceos]], [[lusitanos]], [[carpetanos]] etc.). Este pobo celtibero, que habitaba na Cordilleira Ibérica e á que os romanos consideraban unha mestura de celtas e iberos, diferenciábase dos seus veciños, tanto dos celtas da meseta como dos iberos da costa. Pero esta idea de que os celtiberos son o resultado da unión dos celtas e os iberos é un erro que xa se deu en época romana. Hoxe sabemos que os celtiberos son un pobo de cultura celta, que recibe influencias dos iberos pola súa proximidade, pero en ningún caso son o resultado dunha mestizaxe entre ambas culturas.