Lourinhã: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gasparoff (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Etiqueta: edición de código 2017
Gasparoff (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 27:
O nome Lourinhã posibelmente se orixinou no período de [[Hispania|dominación romana]]. A orixe da vila medieval está ligada a ''Jordan'', un cabaleiro francés que participou no exitoso [[Toma de Lisboa|asedio de Lisboa]] en 1147. O [[Afonso I de Portugal|rei Afonso Henriques]] concedeulle ao cabaleiro a rexión de Lourinhã como feudo e permitiulle outorgar un [[Foro (contrato)|foro]] (dereito feudal) aos seus colonos en 1160. Outra orixe do nome Lourinhã pode estar relacionado coa terra de procedencia do seu señor feudal, xa que Jordan era da rexión do [[Río Loira, Francia|Loira]].
[[Ficheiro:Convento_de_Sto._António_-_Lourinhã.jpg|esquerda|miniatura|250x250px| Igrexa do Convento de Santo António en Lourinhã.]]
[[Ficheiro:Museu_da_Lourinhã.JPG|esquerda|miniatura|250x250px| Museu da Lourinhã]]
Os dereitos de Lourinhã foron confirmados por cartas do [[Sancho I de Portugal|rei Sancho I]] en 1218 e de novo por [[Afonso III de Portugal|Afonso III]] en 1258. A parroquia de Lourinhã converteuse nunha das máis ricas da [[diocese]] de [[Lisboa]], como reflicte a súa igrexa principal, exemplo da [[arquitectura gótica]] portuguesa do século XIV. As obras góticas da igrexa principal foron patrocinadas por Lourenço Vicente, un [[Arquidiocese católica latina de Braga|arcebispo de Braga]] nacido en Lourinhã que recibiu a vila como doazón do [[Xoán I de Portugal|rei Xoán I]] en 1384. Desa época son as [[Pintura flamenga primitiva|pinturas no estilo primitivo flamengo]] dun mestre anónimo que pasou a ser coñecido como [[mestre da Lourinhã]], con ampla produción referida ao culto [[Santiago de Compostela|xacobeo]].