Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ganado» + mejoras cosméticas
Liña 6:
|actual titular=Juan Armada y Díez de Rivera
}}
[[Ficheiro:Pazo de Santa Cruz de Ribadulla, Vedra.jpg|miniatura|300px|[[Pazo de Ortigueira]] ou de Santa Cruz de Ribadulla,<br/> residencia dos marqueses do mesmo nome,<br/> na parroquia de [[Santa Cruz de Ribadulla, Vedra|Santa Cruz de Ribadulla]],<br/> concello de [[Vedra]], [[provincia da Coruña|A Coruña]].]]
 
O '''Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla''' (ou '''Rivadulla''') é un título nobiliario instituído polo rei [[Carlos II de España|Carlos II]], outorgado o [[8 de marzo]] de [[1683]] ao nobre galego Andrés Ibáñez de Mondragón y Ozores de Sotomayor<ref>[http://www.blasoneshispanos.com/Genealogia/ElencoDeNobleza/TitulosNobiliarosS.htm Elenco de Nobleza] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20080120075328/http://www.blasoneshispanos.com/Genealogia/ElencoDeNobleza/TitulosNobiliarosS.htm |date=20 de xaneiro de 2008 }} Consultada o 18/4/2012.</ref>.
Liña 30:
[[Ficheiro:Catedral de Santiago-CapillaMondragon.jpg|miniatura|300px|'''Capela da Piedade''', máis coñecida como '''capela de Mondragón''', da [[Catedral de Santiago de Compostela|catedral de Santiago]], onde se poden ver, a ambos os lados, na parte superior da imaxe, as armas dos Mondragón, e do Marquesado de Santa Cruz de Ribadulla.]]
 
Por aqueles anos apareceu por [[Santiago de Compostela]] un clérigo influente, aberto e con diñeiro: Juan Ibáñez de Mondragón. Nomeado cóengo de Santiago, pronto aumentou a súa fortuna e adquiriu fama. Parece ser que un dos seus irmáns era prelado en [[Roma]], e outro servía no Exército. A orixe da familia era o soar de Eremuzketa, en [[Guipúscoa]]. Satisfeito na diocese de Santiago, poderosa, o cóengo decidiu establecerse en Compostela, para o que vendeu os bens de Mondragón e buscou unha casa no campo; a ''torre de Ortigueira'' estaba baleira e comprouna. Cambiou a súa estrutura e edificou unha capela, pois pombal e ciprés xa os tiña. Porén non vivía moito tempo en Santa Cruz: pasaba as tardes en primavera, pois en verán adoitaba ir a tomar os baños a [[Noia]]. Comprou moitas terras para ampliar a leira, dotou á parroquia con xenerosidade e fundou un morgado electivo; pero a obra na que puxo maior empeño e diñeiro foi a construción da '''capela da Piedade''' (coñecida como [[Catedral de Santiago de Compostela#Capela de Mondragón|capela de Mondragón]]), na catedral, na que mandou que o enterraran. A leira de Santa Cruz tomou entón forma. Comenzouse a muralla que a rodea, e plantáronse viñas e oliveiras, así como uns bos cadros de limoeiros, cerca do bosque de carballos e castiñeiros. A horta era excelente, e dela enviábase a Santiago unha cesta todos os días, para a vivenda do cóengo. No andar principal da casa, o sobrado, había amplas estancias, incluíndo a cociña, quedando todo o baixo para o ganadogando e almacén do gran procedente dos foros. Ao cóengo sucedeuno un sobriño, que seguiu comprando terras, e aumentou a biblioteca.
O primeiro marqués de Santa Cruz, Andrés de Mondragón era home de boa reputación e prestixio en Santiago, e foi designado rexedor da cidade: puxo orde na mesma, mellorou as fontes e amañou os parques. Parece que tivo a concesión do arbitrio do sal. Rescatou ao pobo de Santa Cruz de Ribadulla do tributo e vasalaxe a que estaban sometidos. O rei [[Carlos II de España|Carlos II]], o [[8 de marzo]] de [[1683]], fíxolle mercede do título de marqués de Santa Cruz de Ribadulla, premiando así os seus servizos. Como título previo tiña o de vizconde de San Xulián de Piñeiro.<ref>[http://www.euskalnet.net/laviana/gen_hispanas/armada.htm Euskalnet. Armada] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20150924004319/http://www.euskalnet.net/laviana/gen_hispanas/armada.htm |date=24 de setembro de 2015 }} {{es}} Consultada o 18/4/2012.</ref>