Contaminación do medio hídrico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
{{1000 artigos icona título|materia=Física e Química}}
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ganado»
Liña 32:
=== Transmisión de bacterias patóxenas ===
[[Ficheiro:E coli at 10000x.jpg|miniatura|esquerda|243px|[[Escherichia coli]]]]
As bacterias patóxenas que contaminan a auga e causan enfermidades encóntranse nas excrecións dos seres humanos e dos animais de sangue quente (mascotas, ganadogando e animais silvestres). Poden transmitirse a través doa auga, dos alimentos, de persoa a persoa e de animais a seres humanos. As bacterias que máis afectan á saúde pública son [[Vibrio cholerae]], causante do [[cólera]]; [[Escherichia coli]], [[Campylobacter jejuni]] e [[Yersinia enterocolitica]], causantes de [[gastroenterite]] agudas e diarreicas; [[Salmonella enterica subsp. enterica|Salmonella typhi]], que produce [[febre tifoide|febres tifoides]] e paratifoides; e [[Shigella]], causante de [[disentería]]. As persoas enfermas de [[diarrea]] e con afeccións gastrointestinais eliminan un alto número de bacterias nas súas feces: ata 100 millóns de bacterias de Escherichia coli, 10 millóns de bacterias de Campylobacter, un millón de bacterias de Salmonella e un millón de bacterias de Vibrio cholerae. Estas bacterias chegan ós cursos de auga a través das descargas de [[augas residuais]] sen [[depuración de augas residuais|tratar]] ou con tratamento deficiente, da drenaxe de chuvias, das descargas provenientes de plantas de procesamento de carne de gando e aves, e de escorrentías que pasan polos currais de gando. Nas zonas rurais, a práctica da defecación a campo aberto tamén constitúe unha fonte de contaminación das augas superficiais. As bacterias patóxenas representan un serio risco para a saúde pública e é prioritario eliminalas da auga de consumo humano, debido a que a súa inxesta podería ocasionar un [[andazo]] con graves consecuencias para a saúde da poboación.
 
=== Enfermidades por vectores relacionados coa auga ===