Persecución de Diocleciano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Engade 1 libro para verificar (20211212)) #IABot (v2.0.8.4) (GreenC bot
m Reemplazos con Replacer: «presionou»
Liña 2:
A '''persecución de Diocleciano''', tamén coñecida como «'''Gran Persecución'''», foi a derradeira e se cadra a máis cruel [[persecución dos cristiáns]] no [[Imperio Romano]]. En [[303]], a tetrarquía formada polos [[Augusto (título)|augusti]] [[Diocleciano]] e [[Maximiano]] e os [[César (título)|césares]] [[Galerio]] e [[Constancio I Cloro|Constancio]] emitiu unha serie de edictos que abolían os dereitos legais dos [[cristianismo primitivo|cristiáns]] e esixían que cumprisen as [[Mitoloxía romana|prácticas relixiosas tradicionais]]. Tódolos edictos posteriores se enfocaron no [[clero]] e pedían sacrificios universais, ordenando a tódolos habitantes a realizar sacrificios ós deuses. A persecución foi variando en intensidade ó longo do imperio —as represalias máis febles foron na [[Galia]] e en [[Britania]], onde só se aplicou o primeiro edicto, mentres que as máis violentas tiveron lugar nas provincias orientais—. Malia que as leis persecutorias foron anuladas por diferentes emperadores en diferentes épocas, [[Constantino I o Grande|Constantino]] e o [[Edicto de Milán]] de [[Licinio]] sinalan tradicionalmente a fin da persecución dos cristiáns.<ref>{{Cita web |url=http://ec.aciprensa.com/c/constantino.htm |título=Constantino el Grande |dataacceso=14 de xullo de 2010 |autor=VV.AA. |data=1907 |obra=Enciclopedia Católica |editor=ACI Premsa (tradución) |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100611083835/http://ec.aciprensa.com/c/constantino.htm |dataarquivo=11 de xuño de 2010 |urlmorta=yes }}</ref>
 
Os cristiáns eran considerados unha ameaza para as tradicións do [[Imperio Romano]] porque rexeitaban as festividades públicas, negábanse a practicar o culto imperial, non ocupaban cargos públicos e eran abertamente críticos coas relixións tradicionais. Se ben eran obxecto de discriminación a nivel local en todo o Imperio porque eran considerados integrantes dunha especie de «sociedade secreta» da cal sempre se sospeitaba, durante os dous primeiros séculos da era cristiana ningún emperador emitiu leis contra a fe ou a Igrexa, senón que a maioría das persecucións foron levadas a cabo por funcionarios do goberno local. Contra a década de [[250]], durante os reinados de [[Decio]] e [[Valeriano]], comezaron a aprobarse determinadas leis contra a práctica do cristianismo. Este tipo de lexislación obrigaba ós cristiáns a realizar sacrificios ós deuses pagáns (acción vetada pola súa relixión), ou, senón, afrontar a prisión e a pena de morte. Despois da chegada ó trono de [[Galieno]] en [[260]], un decreto ordena de xeito temporal o cesamento da persecución, pero cando ascende ó trono [[Diocleciano]] no [[284]] prodúcese un cambio gradual na actitude oficial contra as minorías relixiosas. Durante os primeiros quince anos do seu reinado, Diocleciano purgou o exército de cristiáns, condenou os [[Maniqueísmeo|maniqueos]] a morte, e faise rodear por un grupo de opositores publicos ó cristianismo. A preferencia de Diocleciano por un goberno firme combinada coa imaxe de restaurador do pasado glorioso de Roma que quixo transmitir propiciou a máis profunda persecución da [[historia de Roma]]. Arredor do [[302]] [[Galerio]], pagán devoto, presionoumeteu presión a Diocleciano para comezar unha persecución xeral dos cristiáns. Despois de consultar o [[oráculo de Delfos]], a súa resposta foi entendida como un apoio da posición de Galerio e no [[303]] comezou a persecución a nivel xeral.
 
A persecución concretouse na promulgación de catro edictos sucesivos que marcaron o ritmo e as accións tomadas en contra da Igrexa. Así mesmo, o rigor con que cada unha destas medidas foron aplicadas variou en intensidade ó longo do Imperio, cun grao maior nos territorios orientais, gobernados por [[Diocleciano]] e [[Galerio]], e menor nos gobernados por Constancio. O seu fillo, Constantino, despois de ser proclamado [[augusto (título)|augusto]] no [[306]], rematou cos persecucións nos territorios que gobernaba e ofreceu ós cristiáns a restitución completa de todo canto perderan. Ese mesmo ano, en [[Italia]], o usurpador [[Maxencio]] desprazou ó sucesor de [[Maximiano]], [[Flavio Severo|Severo]], bo i prometentó prometer unha tolerancia relixiosa total. Galerio dá por rematada a persecución no Oriente en [[311]], pero foi retomada en [[Exipto]], [[Palestina]] e en [[Anatolia|Asia Menor]] polo seu sucesor, [[Maximino Daia]]. Constantino e Licinio, o sucesor de Severo, asinaron o «[[Edicto de Milán]]» no [[313]], que ofrecía unha aceptación máis profunda e comprensiva do cristianismo da que propoñía o [[Edicto de tolerancia|edicto de Galerio]]. Cando Licinio venceu a Maximino no 313 puxo fin definitivamente á persecución en Oriente.