Diferenzas entre revisións de «Bergen-Belsen»

m
Cambiando Image -> Imaxe
m (Category->Categoría)
m (Cambiando Image -> Imaxe)
[[ImageImaxe:Localisation Celle en Allemagne.png|thumb|Localización de Bergen-Belsen en [[Alemaña]]]][[Campo de concentración]] [[nazi]], tamén chamado '''Stalag 311'''. Situado preto de [[Celle]] ([[Hannover]]), no estado da [[Baixa Saxonia]] en [[Alemaña]]. O nome de Bergen-Belsen deuselle pola vila de Belsen, situado preto de alí, tras a [[Segunda Guerra Mundial]] a vila mudou de nome, hoxe en día chámase [[Hohne]].
 
==Historia==
 
Posto en funcionamento no ano [[1940]], ao comezo Bergen-Belsen foi un campo de prisioneiros [[Bélxica|belgas]] e [[Francia|franceses]] baixo o mando da [[Wehrmacht]]. [[ImageImaxe:Bergen-belsen.jpg|thumb|left|Entrada de Bergan-Belsen na actulidade]]En [[1941]] levaron alí 20000 prisioneiros [[Rusia|rusos]]. En 1943 por decisión de [[Himmler]] foi requisado polas [[SS]] e transformado nun campo de exterminio ao levar alí 10000 xudeus coa intención de seren cambiados por prisioneiros de guerra alemáns.
 
Dende [[1944]] ata a súa liberación en [[1945]], as condicións de vida no campo empeoraron terriblemente, a decisión de levar alí prisioneiros enfermos doutros campos marcou o destino dos prisioneiros de Bergen-Belsen, durante ese período de tempo sucedéronse varias epidemias que acabaron coa vida de milleiros de prisioneiros.O nomeamento de Josef Kramer (procedente de [[Auschwitz]]) como comandante do campo o [[2 de setembro]] de 1944 empeorou aínda máis as cousas. Kramer introduciu novas medidas para aumenta-lo sufrimento dos prisioneiros: eliminou os vestixios de autoadministración xudía, privou os prisioneiros de comida durante varios días e retirou aos prisioneiros de intercambio dos seus últimos privilexios. A ración de comida foi reducida a unha cunca de sopa e a unha rabada de pan. A terrible fame deu lugar a varios casos de canibalismo.
===Liberación===
[[ImageImaxe:Bergen Belsen Liberation 04.jpg|thumb|left|Liberación de Bergen-Belsen]]
O [[15 de abril]] de 1945 tropas [[Reino Unidos|británicas]] liberaron o campo tras un alto o fogo acordado polas dúas partes que non desexaban que as enfirmidades se expallaran. [[ImageImaxe:Mass Grave Bergen Belsen May 1945.jpg|thumb|Fosa común, maio de 1945.]]As SS tentaron borra-las probas dos seus crímenes, obrigando aos prisioneiros a enterra-los cadáveres nas fosas comúns antes de que chegaran os aliados. Pero aínda así, cando os británicos entraron atoparon uns 10000 cadaveres aínda sen enterrar. As SS foron obrigadas a enterralos. Foron necesarios bulldozers para arrastrar os corpos ata as fosas e impedir máis epidemias.
 
A xente que vivía preto afirmou non saber nada do que se facía no campo e foi levada dentro para que foran testemuñas do que os nazis chamaban a [[Solución final]].
67.216

edicións