Guns N' Roses: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Reemplazos con Replacer: «mánager»
Liña 22:
Trala súa formación en [[1985]] debutaron como banda no Troubadour Club, realizando a súa primeira xira chamada The Hell Tour por clubs de [[Seattle]], [[Portland, Oregon|Portland]], [[Eugene]], [[Sacramento, Estados Unidos|Sacramento]] e [[San Francisco]]. Non chegaron a finalizar a xira debido a unha avaría na furgoneta en que viaxaban, que os obrigou a regresar aos [[Os Ánxeles|Ánxeles]]. Seguiron facendo actuacións esporádicas en locais de [[Hollywood]] e facéndose cunha certa sona. Todos vivían e ensaiaban na mesma habitación.
 
Os selos discográficos empezáronse a interesar por eles. O seu primeiro mánagerrepresentante oficial foi [[Vicky Halmilton]], a cal aloxoulles no seu apartamento, que destruíron en pouco tempo. Conseguiulles actuacións e diñeiro para un equipo decente. Houbo problemas xa que Vicky esixíalles moito máis diñeiro do que acordaran cando ela investiu no grupo, así que prescindiron dela. Un ano máis tarde puxo un preito á banda reclamando un millón de dólares.
 
=== Os anos salvaxes (1986-89) ===
Sen mánagerrepresentante e con ameazas legais sacan un mini LP co seu propio selo discográfico Uzi-Suicide, titulado ''[[Live Like A Suicide]]'' xa con Slash, Duff e Steven Adler na formación, obtendo un importante éxito.
 
En abril de [[1987]] [[Tom Zutaut]], executivo da casa discográfica [[Geffen]], escoita unha demostración e decide ficharlles para a súa compañía. Guns N' Roses asinaron o contrato o 26 de marzo con [[Geffen Records]], o selo discográfico de [[David Geffen]] un amigo da familia de [[Slash]]. Alan Niven que traballara con Great White pasa a ser o seu novo mánagerrepresentante.
 
O 16 de marzo de [[1987]] fan unha actuación sorprendente no Whiskey A Go-Go dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] onde tocaron temas do disco Live!? a Like A Suicide. Despois realizan unha serie de concertos os días 19, 22 e 29 de xuño de [[1987]] no Marquee Club de [[Londres]]. Era a primeira vez que visitaban [[Europa]]. A xira non resultou demasiado ben.