Sultanato do Rum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Sen resumo de edición
Liña 30:
"Rum" (ás veces transcrito coma ''Rüm'' ou ''Rûm'') é o nome que lle daban os [[Lingua árabe|árabes]] ao [[Imperio Romano]]. Cando os [[selxúcidas]] tomaron as terras do interior de Anatolia tras a [[Batalla de Manzikert]] chamaron así ao sultanato que fundaron, pois os seus súbditos eran [[Imperio bizantino|romanos]].<ref>Alexander Kazhdan, “Rūm” ''The Oxford Dictionary of Byzantium'' (Oxford University Press, 1991), vol. 3, p. 1816.</ref> Entre os historiadores [[Turquía|turcos]] contemporáneos é frecuente encontrar outros nomes para este sultanato: "Sultanato selxúcida de Anatolia " (''Anadolu Selçukluları'') , "Turquía selxúcida" (''Türkiye Selçukluları'') ou directamente co nome da capital: '''Sultanato de Konya''' (ou Iconium).
 
O sultanato foi particularmente próspero no final do [[século XII]] e os inicios do [[século XIII|XIII]], ao conquistar aos [[Imperio bizantino|bizantinos]] parte da costa mediterránea e do [[Mar Negro]]. Os numerosos produtos procedentes da [[Persia]] e [[Asia Central]] que cruzaban todo o [[selxúcidas|Imperio Selxúcida]] encontraron nestes portos a súa saída natural cara [[Europa]], establecéndose acordos comercias cós [[Xénova|xenoveses]]. O incremento da riqueza do Sultanato permitiu aos seus gobernantes absorber varios dos outros estados turcos ("Beylik") que se conformaran en Anatolia após de [[Batalla de Manzikert|Manzikert]]: o [[Danismendida]], o [[Mengücek]], o [[Saltuklu]] e o dos Ortúkides (Artuquid). Os sultáns do Rum tiveron máis o menos éxito para arrostrar os [[Cruzadas|cruzados]], pero en [[1243]] foron derrotados polos [[Imperio Mongol|mongois]], pasando a converterse nunha provincia máis do seu imperio. A pesar dos esforzos dos seus administradores o sultanato acabará por descomporse na segunda metade do século XIII, desaparecendo finalmente no inicio do [[século XIV|XIV]].
 
== Historia ==
Liña 43:
=== Apoxeo ===
[[Ficheiro:Anatolia1200.png|miniatura|285px|Sultanato do Rûm e estados circundantes. Ano 1200.]]
Após daa morte do último [[Selxúcidas|Gran Sultán]], Tuğrul III, no 1194, os sultáns do Rum quedaron coma os únicos representantes da dinastía selxúcida. [[Kaykhusraw I]] tomou novamente a cidade de Iconium aos cruzados en 1205, e baixo o seu mandato e o dos seus dous sucesores, (Kaykaus I e Kayqubad I), o Sultanato viviu o seu apoxeo. O maior logro de Kaykhusraw foi a conquista do porto de [[Antalya|Attalia]], na costa mediterránea en 1207. Kaykaus tomará [[Sinop]]e e obrigará ao [[Imperio de Trebizonda]] a renderlle vasalaxe ([[1214]]). Tamén subxugou o reino [[Armenia|armenio]] de [[Cilicia]], pero en 1218 foi derrotado polo sultán [[aiúbida]] [[al-Kamil]] e perdeu [[Alepo]]. Kayqubad adquiriu terrar ao longo da costa mediterránea de Anatolia en varias campañas entre 1221 e 1225, e tamén enviou neste tempo unha expedición a [[Crimea]]<ref>A.C.S. Peacock, "The Saljūq Campaign against the Crimea and the Expansionist Policy of the Early Reign of 'Alā' al-Dīn Kayqubād" ''Journal of the Royal Asiatic Society'', Vol. 16 (2006), pp. 133-149.</ref>. Polo leste enfrontouse e derrotou aos [[Mengücek]] e [[Artuqid]].
 
=== Declive ===