Santiago das Caldas, Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
un pouco de wikificacion
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Santiago das Caldas''', é unhas das parroquias do concello de Ourense. Hoxe é unha parroquia totalmente urbana, incardinada na marxe dereita do río Miño na cidade de Ourense. Comprende a entidade de poboación que en tempos se coñecía como Ponte Canedo, o núcleo principal do antigo Concello de Canedo que en [[1943]] quedou anexionado ó Concello de Ourense.
 
Históricamente esta parroquia pertencía ó Coto de San Miguel de Canedo. O número de habitantes desta Parroquia anda preto dos 20.000 e nela localízanse a estación principal do ferrocarril de Ourense (coñecida como Ourense-Empalme), a estación de autobuses, a comisaría da policia local, o campo da feira, o cuartelparque dosde bombeiros, diversos centros educativos, un Centro de Saúde e as Burgas das Caldas (rebautizadas modernamente como Termas da Chavasqueira).
A igrexa parroquial primitiva estaba ó lado do cemiterio das Caldas, pero foi substituída por un templo novo, sito na Avenida das Caldas, au nimeronúmero 16, inaugurado o [[28 de novembro]] de [[1920]]. Foi o seu autor o arquitecto vasco [[Xose María de Basterra]], quen se atopaba en Ourense neses anos reformando o Seminario de San Fernando. É o autor da igrexa dos [[xesuitas]] e da igrexa de Nosa Señora de Begoña, ambos en [[Bilbao]]. Os seus deseños están inspirados no arte [[gótico]] como se deixa ver neste templo de Santiago das Caldas. Os retablos son do escultor galego [[Máximo Magariños]].
 
Desta parroquia e debido os incrementos demográficos e a expansión da cidade foron segregadas dúas zonas como parroquias novas : en [[1954]] a de Santa Ana do Pino e en [[1969]] a de Santa Teresita (no Vinteún e barrios adxacentes.)