Diferenzas entre revisións de «Río Landro»

Estaba mal redactado
(Estaba mal redactado)
}}
[[Ficheiro:LandroViveiro.jpg|260px|miniatura|Desembocadura do Landro en Viveiro.]]
[[O]] '''río Landro''' ou '''Landrove''' é un curso fluvial galego, pertencente á vertente cantábrica. Segue unha dirección S-N e desemboca na [[ría de Viveiro]]. Ten un percorrido de 42 km e a súa bacía esténdese por 268 km².
 
==Percorrido==
Nace na '''parroquia''' do [[O Viveiró, Muras|Viveiró]] ([[Muras]]), nas vertentes oeste e suroeste da [[serra do Xistral]], a 800 m de altitude. Baixa por un val aberto até [[Escoiras, Silán, Muras|Escoiras]], que logo se estreita, ao paso que recibe as augas dos regatos da Eireixa, Ribeira, Torres Vellas e Barocas. Vólvese a abrir por Nogarido e, outra vez encaixado, recolle as achegas do [[río Besteburiz|Besteburiz]], [[río Balsadas|Balsadas]] e [[río Grandal|Grandal]]. Desde [[Santa Mariña, Miñotos, Ourol|Santa Mariña]] contribúen o Boimente, o Louro, o Loureiro (ou río Xudreiro, onde está a [[Cachoeira|fervenza]] do Pozo da Ferida), o río da Balsa e o Fontecova. Posteriormente chega ao concello de [[Viveiro]] para desembocar entre a [[praia de Area]], en [[Covas, Viveiro|Covas]], e o porto de [[Celeiro, Viveiro|Celeiro]]. Na desembocadura, o Landro forma unha pequena [[zona húmida]]. Constitúe os límites entre os concellos de [[Muras]] e [[Ourol]].
 
== Galería de imaxes ==
Usuario anónimo