Ponte de Biscaia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
a edición de esta páxina procede da información de en:Vizcaya Bridge
Etiqueta: Hiperligações de desambiguação
Liña 29:
 
A ponte enlaza a vila de [[Portugalete, Biscaia|Portugalete]] co barrio de [[Areeta]] de [[Getxo]], así como as dúas beiras da [[ría de Bilbao]]. A súa construción debeuse á necesidade de unir os balnearios existentes en ambos lados da ría, destinados á [[burguesía]] industrial e aos turistas de finais do [[século XIX]].
 
A xente da zona, e mesmo o sitio web oficial, adoita chamalo '''Puente Colgante''' (literalmente "ponte colgante"), aínda que a súa estrutura é bastante diferente dunha [[ponte colgante]].
 
== Historia ==
A ponte de Biscaia construíuse para conectar as dúas marxes que están situadas na desembocadura do río Nervión. É a [[ponte de transporte]] de estrutura metálica máis antiga do mundo e inaugurouse o [[28 de xullo]] de [[1893]], deseñouna [[Alberto Palacio]], un dos discípulos de [[Gustave Eiffel]]. O [[Enxeñeiro]] Ferdinand Joseph Arnodin estaba ao mando, e o principal financiador do proxecto foi Santos López de Letona. Foi a solución que deu o enxeñeiro ao problema de conectar as localidades de Portugalete e Getxo sen perturbar o tráfico marítimo do [[Porto de Bilbao]] e sen ter que construír unha maciza estrutura con longas ramplas. Palacio quería deseñar unha ponte que puidese transportar pasaxeiros e [[carga]], e que permitise o paso dos barcos. A ponte lanzadeira de Palacio era axeitada e podía construírse a un prezo razoable.
Inaugurouse o [[28 de xullo]] de [[1893]] e foi a primeira ponte transbordadora de estrutura metálica construída no mundo<ref>Calendario 2014 MUNCYT.</ref>. A ponte, deseñada por [[Alberto de Palacio]], foi declarada [[Patrimonio da Humanidade]] da [[UNESCO]] o [[13 de xullo]] de [[2006]], sendo elixida entre un total de 37 candidaturas.
 
O servizo só se interrompeu unha vez, durante catro anos, durante a [[Guerra Civil Española]], cando se dinamitou o tramo superior. Desde a súa casa de Portugalete, Palacio viu parcialmente destruída a súa obra mestra xusto antes da súa propia morte.
 
==Patrimonio Universal==
O [[13 de xullo]] de [[2006]], a Ponte de Biscaia declarouse [[Patrimonio da Humanidade]] da [[UNESCO]], sendo elixida entre un total de 37 candidaturas. En España, é o único monumento da categoría de Patrimonio Industrial. A [[UNESCO]] considera que a ponte é unha combinación perfecta de beleza e funcionalidade. Foi o primeiro en utilizar unha combinación de tecnoloxía de ferro e novos cables de aceiro que comezou unha nova forma de construír pontes que máis tarde foi imitada en todo o mundo.
 
== Operación ==
[[Ficheiro:Puentecolgante.JPG|thumb|Vista ao longo da parte superior da ponte]]
A ponte, aínda en uso, ten 164 metros de lonxitude, e a súa góndola pode transportar seis coches e varias ducias de pasaxeiros en minuto e medio.
 
Funciona cada 8 minutos durante o día (cada hora pola noite), durante todo o ano, con diferentes tarifas para os servizos de día e de noite, e está integrado no sistema [[tarxeta Barik]]. Estímase que catro millóns de pasaxeiros e medio millón de vehículos usan a ponte ao ano.<ref>{{cite web|last=Chu|first=Nick|title=Vizcaya ("Hanging") Bridge: Half Gondola, Half Bridge, 100% Awesomeness|url=http://gondolaproject.com/2013/11/26/the-vizcaya-bridge-hanging-bridge/|work=The Gondola Project|access-date=26 de novembro de 2013}}</ref>
 
Hai dous novos ascensores de visitantes instalados nos alicerces de 50 metros de altura da ponte que permiten percorrer a plataforma da ponte, desde onde se contempla o porto e a [[baía de Abra]].
 
==Arquitectura==
A estrutura está formada por catro torres de 61 metros que son os piares e que se alzan nas ribeiras do río. As torres están arriostradas con cables de ferro ao traveseiro e son paralelas ao río e por cables que seguen a liña da ponte ata o outeiro de detrás (polo lado de Portugalete) e o chan (polo lado das Areas). O [[traveseiro]] superior, que se sitúa horizontalmente, descansa entre dúas torres mediante 70 cables de suspensión. Tamén axudan a soportar unha gran cantidade de peso e están apoiados nas ménsulas, o que axuda a equilibrar o peso. A góndola transporta vehículos e colgan dun cati de 36 rodas e mide 25 m. de longo. Desprázase ao longo dos carrís a través do travesaño horizontal.
 
== Construción ==
A estrutura ten unha altura de 45 metros e unha lonxitude de 160 metros. No proxecto definitivo decidiuse utilizar dous traveseiros horizontais para soportar os carrís, e estes están sostidos por catro piares que se erguen sobre catro torres que se sitúan nas ribeiras do río. Está feito de [[ferro]]. Das minas de Biscaia extraíase moito ferro, o que aumentou a industria [[mineira]] e [[navieira]]. Por iso, a Ponte de Biscaia tamén representa o crecemento e o triunfo dunha nova era.
 
==Galería de imaxes==
 
== Galería de imaxes ==
Liña 38 ⟶ 61:
Ficheiro:Transbordador del puente de Vizcaya.JPG
Ficheiro:Puentecolgante.JPG|Pasarela peonil.
Ficheiro:Trainera_Transbordador_Vizcaya.jpg|Primer plano da góndola.
Ficheiro:Transbordador puente vizcaya.jpg|A lanzadeira.
Ficheiro:Bizkaiko_zubia_behelainorekin.jpg|A ponte sae da néboa, vista desde Portugalete.
Ficheiro:Portugalete Las Arenas Vizcaya Bridge North 001.jpg|[[Portugalete]] á esquerda, a [[Ría de Bilbao]], e [[Areeta|Las Arenas]] á dereita, visto dende a ponte mirando ao norte .
Ficheiro:Portugalete Las Arenas Vizcaya Bridge South 001.jpg|[[Areeta|Las Arenas]] á esquerda, a [[Ría de Bilbao]], e [[Portugalete]] á dereita, visto dende a ponte mirando cara ao sur .
</gallery>
 
 
 
 
 
== Notas ==