Conflito árabe-israelí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Primeira intifada: engaiolamento -> encarceramento
Liña 102:
Na guerra intermitente que tivo lugar durante os seguintes 15 meses (interrompida ocasionalmente por varias treguas promovidas pola ONU), Israel conquistou e anexionouse un 26% adicional do antigo [[Mandato británico de Palestina|Mandato británico]], mentres que Transxordania e Exipto ocuparon a parte restante destinada pola ONU ao [[Estado de Palestina|Estado árabe-palestino]]: Exipto ocupou a [[Faixa de Gaza]] e Transxordania anexionouse [[Cisxordania]] e [[Xerusalén Leste]], refundando o país co nome de [[Xordania]].
[[Ficheiro:Palestinian refugees.jpg|miniatura|Refuxiados [[Palestina|palestinos]] abandonando [[Galilea]] durante a [[guerra árabe-israelí de 1948]].]]
 
Prodúcense os maiores desprazamentos de refuxiados na historia da zona en conflito: uns 700.000 xudeus son expulsados dos países árabes cara Israel, país este que aproveitará para conseguir certo poder demográfico, e un número similar de árabes son expulsados de Israel cara os países veciños, onde non serán acollidos, senón tratados en calidade de refuxiados permanentes. A guerra finaliza coa firma da tregua ([[Armisticio de Rodas]]). Só Exipto e Xordania remataron por firma-la paz e recoñece-lo Estado de Israel (en [[1978]] e [[1994]] respectivamente).
A guerra provocou centos de miles de desprazados, os maiores desprazamentos de refuxiados na historia da zona en conflito, en ambos os sentidos: máis de dous terzos da poboación civil árabe palestina (ao redor dunhas 750.000 persoas) foron obrigados a desprazarse á [[ Faixa de Gaza]] e a [[Cisxordania]], así como a outros países árabes veciños, como Líbano, Siria ou Xordania, dando orixe ao problema dos [[refuxiados palestinos]] que aínda hoxe perdura. Na zona israelí quedaron 156.000 árabes palestinos,<ref name=":2" /> que adquiriron a nacionalidade israelí e que, en xeral, no plano teórico, gozaron dos dereitos plenos de cidadanía a partir de 1950, incluíndo a súa incorporación ao exército no caso dos [[ drusos]]. Con todo, os árabes palestinos de Israel viviron suxeitos á [[lei marcial]] ata 1966,<ref name=":2" /> e ao redor da metade deles -coñecidos legalmente como [[presentes ausentes]]- sufriron a expropiación das súas terras e propiedades por parte do Estado de Israel, que as destinou aos novos inmigrantes xudeus.<ref name=":2" />
 
A guerra finaliza coa firma da tregua ([[Armisticio de Rodas]]). Só Exipto e Xordania remataron por firma-la paz e recoñece-lo Estado de Israel (en [[1978]] e [[1994]] respectivamente).
 
En xullo de [[1956]], [[Gamal Abdel Nasser|Nasser]] nacionaliza a canle de Suez, e tropas anglofrancesas lanzan unha operación conxunta con Israel para "protexe-la poboación civil dos ataques dos extremistas". Exipto perde a península do Sinaí, pero a ONU e as dúas superpotencias (ver [[guerra fría]]), conseguen que se retiren as tropas europeas. Israel rematará por volta-la canle a mans exipcias.