Parada da Serra, A Gudiña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 23:
Xunto a Parada, ao pé da cova das Choias, apareceu en 1921 o tesouro da Urdiñeira<ref>{{cita novas|título=Notas pra un estudo da Urdiñeira|data=25 de xullo de 1926|número=31|xornal=[[Nós (revista)|Nós]]|autor={{Versaleta|[[Ánxel Romero Cerdeiriña|Romero Cerdeiriña, Á.]]}}|páxinas=36-41}}</ref>, datado no final da [[Idade de Bronce]]<ref>{{cita publicación periódica||autor={{Versaleta|[[Marcelo Macías|Macías, M.]]}}|ano=1921|título=Importante hallazgo arqueológico|publicación=Boletín da Comisión de Monumentos Históricos e Artísticos de Ourense|volume=IV|número=140|páxinas=335-336}}</ref>. Está composto por un brazalete e unha pulseira de ouro, xunto cun botón de cobre. Foi atopado pola pegureira Xosefa Gago Fernández, e o cura de Parada vendeullo ao coleccionista [[Ricardo Blanco-Cicerón]] a través de [[Cándido Cid Rodríguez]], procurador da diocese de Ourense. O botón ficou no [[Museo Arqueolóxico de Ourense]], e as dúas pezas de ouro foron mercadas por [[Álvaro Gil Varela]], e finalmente polo [[Museo Provincial de Lugo]].
 
As pezas de ouro foron feitas coa técnica da cera perdida, e están adornadas con figuras xeométricas<ref>{{cita publicación periódica|autor={{Versaleta|[[Aurelia Balseiro García|Balseiro García, A.]]}}|título=A ourivería na Idade do Bronce|revista=Boletín do Museo Provincial de Lugo|páxinas=33-51|número=11|ano=2003-2004|volume=1|ISSN=0212-8438}}</ref>. O botón, segundo [[Florentino López Cuevillas|López Cuevillas]] podería interpretarse como disco solar.<ref>{{cita publicación periódica|data=Febreiro 2009|autor={{Versaleta|[[Beatriz Comendador Rey|Comendador Rey, B.]]}}|título=Botón da Urdiñeira|publicación=Peza do mes|editorial=Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense|url=http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2009_02_gal.pdf}}</ref>
 
== Notas ==