Memorias dun neno labrego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 25:
'''''Memorias dun neno labrego''''' é unha novela social e histórica do galego [[Xosé Neira Vilas]], publicada na [[Arxentina]] o [[5 de xaneiro]] de [[1961]] por [[Follas Novas (editorial)|Follas Novas]], distribuidora de libros e editorial fundada polo propio autor e a súa muller. É o segundo libro publicado polo autor, primeiro en [[prosa]], despois do poemario ''Dende lonxe'' (1960). ''Memorias'' foi escrito en tres meses no café La Vieja Viena, do barrio porteño de Villa Urquiza. Daquela Neira traballaba nunha empresa de importación de madeiras, facía as xestións bancarias e cando remataba metíase a escribir no café.
 
En 1968 saíu a segunda edición, primeira en Galicia, polas [[Ediciós do Castro]] de [[Isaac Díaz Pardo]]. Versa sobre o agro galego visto polos ollos dun neno, e é a obra máis editada da [[literatura galega]],<ref>{{cita novas|título=Xosé Neira Vilas: a memoria dos “ninguén”|url=http://praza.gal/cultura/10651/falece-o-escritor-xose-neira-vilas/|dataacceso=27 de novembro de 2015|obra=Praza Pública|data=27 de novembro de 2015|urlmorta=yes|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180906233936/http://praza.gal/cultura/10651/xose-neira-vilas-a-memoria-dos-lninguenr/|dataarquivo=06 de setembro de 2018|nome=Montse|apelidos=Dopico}}</ref> con máis de 700&nbsp;000 exemplares vendidos.<ref>[https://www.xunta.gal/hemeroteca/-/nova/033250/conselleria-cultura-educacion-acompana-xose-neira-vilas-presentacion-obra-homenaxe "A Consellería de Cultura e Educación acompaña a Xosé Neira Vilas na presentación da obra ‘Homenaxe a Neira Vilas e a Balbino’, editada por Ir Indo"]</ref><ref>{{cita novas|apelidos=F|nome=X|título=«Memorias dun neno labrego» chega á súa edición número 35|url=http://www.lavozdegalicia.es/noticia/cultura/2015/07/22/memorias-dun-neno-labrego-chega-a-sua-edicion-numero-35/0003_201507H22P33991.htm|dataacceso=4 de xaneiro de 2016|obra=La Voz de Galicia|data=22 de xullo de 2015}}</ref> En [[1978]] foi incluído canda ''Cartas a Lelo'' (1971) e ''Aqueles anos do Moncho'' (1977), nun único volume: ''O ciclo do neno'', número 29 da [[Colección Arealonga]] de [[Ediciones Akal]]. Está dedicado ''a todos os nenos e todas as nenas que falan [[Lingua galega|galego]]''.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos=Queixas Zas|nome=Mercedes|data=outubro, novembro, decembro, 2021|título=Memorias de superación|revista=Grial|ISSN=0017-4181|volume=LIX|páxinas=112-115|número=232}}</ref>
 
== Argumento ==