Banda deseñada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gasparoff (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 72:
 
==== Galiza ====
Nos últimos anos a banda deseñada galega goza de boa saúde acaparando grande aceptación tanto dentro coma fóra das nosas fronteiras.<ref>{{CómpreCita referencialibro|título=A historia do cómic en Galicia|apelidos=Beares|nome=Octavio|editorial=Galaxia|ano=2021|ISBN=978-84-9151-758-0}}</ref> Son moitos os autores e colectivos que teñen participado en certames internacionais chegando mesmo a seren premiados en varias ocasións ([[Salò Internacional del Cómic de Barcelona]], [[Festival de Banda Deseñada de Angoulême]], etc.).
 
Neste eido destaca a figura de [[Miguelanxo Prado]] sendo un dos primeiros en destacar xa nos anos 80 participando na fundación da revista galega ''[[Xofre (banda deseñada)|Xofre]]'' e en múltiplas revistas españolas do ''underground''. Nos 90 con obras como ''[[Trazo de xiz]]'' obtivo diversos premios, como o ''Alph-Art'' ao mellor álbum estranxeiro do Festival de [[Angulema]]. Prado é o autor galego máis recoñecido, tendo colaborado nas revistas de maior difusión do estado dos últimos corenta anos, como ''[[Creepy]]'', ''[[Comix Internacional]]'', ''[[1984 (revista)|1984]]'', ''[[Zona 84]]'', ''[[El Jueves]]'' (onde tamén colaborou o historietista galego [[Das Pastoras]]), ''[[Cairo (revista)|Cairo]]'' e ''[[Cimoc]],'' e traballou con artistas internacionais como [[Steven Spielberg]] e [[Neil Gaiman]].