Mosteiro de San Cibrán de Cálago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo artigo
 
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Etiqueta: Hiperligações de desambiguação
Liña 4:
 
== Historia ==
O mosteiro foi fundado no [[século VII]] por [[Froitoso de Braga|San Froitoso]], no contexto da expansión do [[cristianismo]] na Idade Media <ref>''Gran Enciclopedia Galega'', 2003, tomo 44, px. 9.</ref>. No ano [[884]] foi arrasado durante os ataques na costa galega dos viquingos [[normandos]]. Tras ser reconstruído, foi arrasado de novo no ano [[997]] polas tropas de [[Almanzor]], na mesma expedición na que chegou a saquear a cidade de [[Santiago de Compostela]] e a [[Catedral de Santiago de Compostela|Basílica]] construída por [[Afonso IIIII|Afonso II o Casto]] no [[899]].
 
No ano [[1114]] está documentada a doazón de Ramiro Muñiz á Catedral compostelá da vila e igrexa de [[Caleiro, Vilanova de Arousa|Caleiro]] [https://www.romanicodigital.com/sites/default/files/pdfs/files/pontevedra_Caleiro.pdf] (hoxe, unha das parroquias de Vilanova) e do mosteiro de Cálago, así como outras propiedades na actual [[Comarca do Salnés]], o que implica que se tratara dun edificio de nova construcción pero mantendo a advocación.
 
A igrexa mantívose como igrexa parroquial de Vilanova, que aínda hoxe segue tendo a San Cibrán como o seu patrón, ata esmorecer e arruinarse ó longo dos séculos XIX e XX. Cara [[1810]], a igrexa parroquial foi trasladada á igrexa da Pastoriza (que se construiu aproveitando pedras do mosteiro de Cálago <ref>''GEG'', px. 10</ref>) e o vello mosteiro rematou por desaparecer. En Vilanova afírmase que moitas casas se levantaron coas pedras do mosteiro <ref>"''Os muros do mosteiro foron desmantelados co paso dos séculos ata o punto de que, hoxe en día, aínda se poden ver polo centro do pobo casas levantadas con pezas de granito do antigo mosteiro, a do alcalde incluída''" (traducido de ''La Voz de Galicia'', 1.05.2015).</ref>. Pode supoñerse que a conservación da torre obedeceu a constituír un posible punto de vixilancia e defensa costeira ante posibles inimigos que se achegasen á costa, dada a súa proximidade á ría, ou ben para facer sinais de advertencia á outras torres de vixilancia próximas (como as [[Torres de Oeste]], en [[Catoira]], ou a torre que aínda no século XVIII existía na [[Illa de Arousa]]). O [[Martín Sarmiento|Pai Sarmiento]], na súa ''Viaje a Galicia de 1745'', cita esta torre da Illa como derruída había pouco. Cómpre sinalar que na descrición da viaxe que fai Sarmiento cita brevemente o seu paso por Vilanova (px. 60) pero non fai mención do mosteiro de Cálago.
 
O [[Museo Provincial de Pontevedra|Museo de Pontevedra]] conserva nos seus fondos dous debuxos de Ramón Fontenla, datados en [[1905]], dunhas pezas que había na entrada ó cemiterio e da ábsida da igrexa; así como unha fotografía de [[Francisco Zagala]] (datada en [[1906]]) da ábsida, xa en ruínas.
 
== Notas==