Mosteiro de San Cibrán de Cálago: Diferenzas entre revisións

antiga construción relixiosa en Cálago, Vilanova de Arousa
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
comezo artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2022 ás 22:46

O mosteiro de San Cibrán de Cálago foi un mosteiro da Alta Idade Media, derruído e reconstruído en diversos momentos históricos ata rematar desaparecendo a principios do século XX. Hoxe, o único resto que se conserva é unha parte do campanario, que dá nome ó lugar: Campanario. Esta torre está situada no lugar de Cálago, hoxe incluído no centro urbano de Vilanova de Arousa, e aparece representada no escudo do concello, como símbolo de identidade da vila.

Historia

O mosteiro foi fundado no século VII por San Froitoso, no contexto da expansión do cristianismo na Idade Media [1]. No ano 884 foi arrasado durante os ataques na costa galega dos viquingos normandos. Tras ser reconstruído, foi arrasado de novo no ano 997 polas tropas de Almanzor, na mesma expedición na que chegou a saquear a cidade de Santiago de Compostela e a Basílica construída por Afonso III o Casto no 899.

Notas

  1. Gran Enciclopedia Galega, 2003, tomo 44, px. 9.