Proceso de El Escorial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Vista aerea del Monasterio de El Escorial.jpg|miniatura|300px|[[Mosteiro do Escorial]].]]
 
Coñécese como '''proceso de El Escorial''' un [[xuízo]] levado a cabo no [[Mosteiro do Escorial|Mosteiro-Palacio de [[El Escorial]], [[España]], en [[1807]], como resultado dunha conspiración, intento de [[golpe de Estado]], dirixida por [[Fernando VII|Fernando]], [[príncipe de Asturias]], contra seu pai o rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e o seu goberno, dirixido por [[Manuel Godoy]].
 
A trama, coñecida como '''conspiración de El Escorial''', foi pronto descuberta, dando así lugar ao proceso.
 
== Contexto histórico ==
A comezos do [[século XIX]], España encontrábase acantoada pola [[Revolución francesaFrancesa|Francia revolucionaria]], que comenzaba, no [[Consulado (Francia)|Consulado]], a súa ambiciosa expansión.
 
Nun ambiente caldeado e cambiante de relacións diplomáticas, o rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] nomeou en [[1801]], por segunda vez, a [[Manuel Godoy]] como primeiro secretario de Despacho, cargo no que substituíu a [[Pedro Cevallos Guerra|Pedro Cevallos]], primo irmán seu e que fora nomeado o 13 de decembro de 1800.<ref name=":0">Peiró (2007), p. 22</ref>
 
[[Napoleón I de Francia|Napoleón Bonaparte]], [[Consulado (Francia)|primeiro cónsul de Francia]], ameazaba constantemente a España cunha guerra de persistir nas políticas levadas a cabo por Godoy, presuntamente pro-inglés. Así, en [[1805]], España deu un xiro á súa política asinando un tratado de axuda mutua con Napoleón, o que acababa de autoproclamarse [[Primeiro Imperio francésFrancés|emperador de Francia]].
 
=== Guerra e derrota ===
Este tratado levou pronto a España e Francia a implicarse na guerra da [[Terceira Coalición]] contra [[Inglaterra]] e [[Portugal]], que culminou coa vitoria naval inglesa na [[batalla de Trafalgar]] ([[1805]]). Esta derrota fixo que Godoy gañase moitos inimigos na [[Palacio|Corte]]. Entre eles o propio fillo do rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]], [[Fernando VII de España|Fernando]], o [[príncipe de Asturias]]. Godoy éralle abertamente hostil, e non desexaba o seu ascenso prematuro ao trono (que sabía que Fernando ambicionaba), e isto fixo que fose o príncipe quen encabezase unha conspiración con varios membros da nobreza para expulsalo do poder,<ref>{{Cita libro|título=Diciopedia do século 21|apelidos=VV.AA.|nome=|editorial=Galaxia /Edicións do cumio / Edicións do Castro|ano=2007|ISBN=84-8485-242-3|volume=Tomo 2 (E-Ñ)|lugar=Vigo|páxina=807|ref=}}</ref> un delito considerado como de lesa Maxestade. Esta levouse a cabo en outubro de [[1807]], pero foi rapidamente descuberta e deu lugar ao '''proceso de El Escorial'''.
 
== A conspiración ==
A finais de maio de 1807, a mala saúde de Carlos IV resultaba preocupante, e para evitar a acumulación de poder en mans de Godoy, Fernando asinou un decreto, que só sería válido en caso da morte do rei, e que había recibir o duque do Infantado no que lle outorgaba o poder militar para deter ao favorito<ref name=":0" />. Porén, non se lle puido entregar e, o [[27 de outubro]],<ref name=":2">La Parra (2008), p. 205</ref> o mesmo día que se asinaba o Tratado de Fontainebleau (polo que se permitía o paso dos exércitos franceses a través de España cara a Portugal) Godoy denunciou ao rei da existencia dunha conxura para conseguir a súa abdicación e, quizais, a súa morte.<ref name=":1">Norvins (1832), p. 252</ref>
 
Godoy tamén identificou a Fernando como quen estaba á fronte da conspiración e presentou como probas uns papeis gardados por Fernando (unha carta a Napoleón, o decreto do duque do Infantado e unha declaración para obrigar a Carlos IV a expulsar a Godoy).<ref name=":1" /> Inmediatamente, o rei mandou o arresto de seu fillo, que foi confinado no Escorial onde permaneceu sete días.<ref>{{Cita libro|título=Claves para comprender el Monasterio de San Lorenzo de El Escorial|apelidos=Rincón Álvarez|nome=Manuel|editorial=Ediciones Universidad de Salamanca|ano=2007|ISBN=978-84-7800-392-1|lugar=Salamanca|ref=}}</ref> Igualmente, o día 30, o monarca publicaría na [[Boletín Oficial del Estado|Gazeta de Madrid]] un real decreto no que informaba aos españois da existencia dunha conspiración para derrocalo e que o príncipe de Asturias, Fernando, estaba á fronte dela.<ref name=":2" /> <ref>VV.AA. (1990), p. 505</ref>
 
== O proceso ==
Fernando, consciente de que actuara en contra da autoridade de seu pai, para conseguir o seu perdón, cando levaba apenas un día detido, delatou os seus cómplices (entre eles, o [[duque do Infantado]], [[Escoiquiz]], o [[marqués de Ayerbe]], o [[conde de Orgaz]] e algúns militares);<ref>La Parra (2008), p. 207</ref> e o día 5 de novembro, publicouse a declaración de culpabilidade de Fernando ("estoi moi arrepentido do gravísimo delito que cometín contra meus pais e os Reis")<ref>La Parra (2008), p. 206</ref> e como o rei o perdoa e ordena que continúe o proceso contra o resto dos implicados.<ref name=":2" />
 
Godoy intentou que o príncipe fora procesado pero o [[Consello de Castela]] negárase aducindo que só podía ser procesado polas Cortes. Finalmente, o [[25 de xaneiro]] de [[1808]], tódolos conspiradores foron declarados inocentes polo Consello de Castela, fronte á petición da pena de morte por parte do fiscal, colocado por Godoy. Algunhas fontes falan, da influencia de Godoy<ref>Norvins (1832), p. 253</ref> no veredicto que quería solucionar o caso e se vía como vencedor, mais outros refírense, pola contra, á escas influencia de Godoy entre a alta nobreza que forma o Consello<ref name=":3">VV.AA. (1990), p. 506</ref> e que limitan o castigo aos conspiradores: só se conseguiu que foran desterrados a 40 [[Legua|leguas]] da Corte.
 
Como consecuencia, o indulto e as absolucións de 1807 foron concedidos porque había un significativo apoio público para os conspiradores contra Godoy,<ref name=":3" /> como se demostrou, uns poucos meses máis tarde, no posterior [[motín de Aranjuez]] ([[17 de marzo|17]] a [[19 de marzo]] de [[1808]]), no que foi atacado o Palacio de Godoy, deposto o rei e proclamado [[Fernando VII]] polo Consello Real.
Liña 40:
=== Outros artigos ===
* [[Carlos IV de España]]
* [[Fernando VII|Fernando VII de España]]
* [[Manuel Godoy]]
* [[Motín de Aranjuez]]