Conflito árabe-israelí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 90:
 
[[Ficheiro:Palestinian refugees.jpg|miniatura|Refuxiados [[Palestina|palestinos]] abandonando [[Galilea]] durante a [[guerra árabe-israelí de 1948]].]]
 
As cidades de [[Tiberíades]], [[Haifa]] e [[Jaffa]] foron caendo en mans xudías durante as seguientes semanas, con duros bombardeos sobre zonas residenciais árabes que provocaron la fuxida en masa da poboación civil árabe palestina.<ref name=":2" /> O 10 de maio, as tropas xudías tomaron [[Safed|Safad]] e expulsaron a miles de habitantes árabes palestinos.<ref name=":2" /> En [[Beit She'an|Beisan]], todos os árabes foron expulsados dos seus fogares e enviados a [[Nazaret]] o máis alá do [[río Xordán]].<ref name=":2" /> Cando as tropas xudías entraron en [[Acre (Israel)|Acre]], soo uns 3.000 dos 13.400 habitantes permaneceran na cidade.<ref name=":2" />
 
O [[14 de maio]] de [[1948]], [[David Ben-Gurion]] proclama a independencia do Estado de Israel. [[Xordania]], [[Exipto]], [[Líbano]], [[Siria]] e [[Iraq]] deciden atacar [[Israel]] (ver [[guerra árabe-israelí de 1948|guerra árabe-israelí]], tamén coñecida como guerra da independencia de Israel ou Al Nacba). Prodúcense os maiores desprazamentos de refuxiados na historia da zona en conflito: uns 700.000 xudeus son expulsados dos países árabes cara Israel, país este que aproveitará para conseguir certo poder demográfico, e un número similar de árabes son expulsados de Israel cara os países veciños, onde non serán acollidos, senón tratados en calidade de refuxiados permanentes. A guerra finaliza coa firma da tregua ([[Armisticio de Rodas]]). Só Exipto e Xordania remataron por firma-la paz e recoñece-lo Estado de Israel (en [[1978]] e [[1994]] respectivamente).