Gibson EB-2: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
básico de en.wiki
 
Beninho (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:1964_Gibson_EB-2.JPG|miniatura]]
O '''Gibson EB-2''' é un modelo de [[baixo]] eléctrico da [[Gibson|Gibson Guitar Corporation]] fabricado de 1958 a 1972, cunha interrupción entre 1962 e 1963. Cando a produción rematou en 1972 fabricáranse un total de 8 017 instrumentos, dos cales 2 102 eran EB-2D. Willie Moseley, da revista ''Vintage Guitar'', referíuse ao modelo como posiblemente "o mellor baixo de Gibson", aínda que non tivo un gran éxito comercial, e a versión [[Epiphone Rivoli]] do modelo vendeu máis copias que o propio modelo Gibson.<ref name=":0">Moseley, Willie G. (xaneiro de 2012). "The Gibson EB-2: Kalamazoo Biggest Bass Innovation?". ''Vintage Guitar''. p. 60.</ref>
 
== Descrición ==
Introducido en 1958, o EB-2 foi o equivalente en baixo da popular guitarra [[Gibson ES-335]]. Contaba cun corpo semi-oco do estilo da 335, un mastro de escala curta de 30,5 polgadas e unha gran pastilla humbucker "Sidewinder" na posición do mastro. As electrónicas estaban formadas por un mando sinxelo de volume e ton.O EB-2N tiña un acabado natural, o EB-2 acabado sunburst. No ano seguinte engadíuse un "interruptor de barítono", que enfacizaba ou cortaba as frecuencias graves, e posteriormente engadíuse un muteador de cordas na ponte.<ref name=":0" />
 
En 1961 os afinadores orixinais como os dun banjo, coas caravillas apuntando cara atrás, substituíronse por unhas normais, e en 1965 introducíuse a cor cereixa.<ref>{{Cita web|título=Vintage Vault: 1967 Gibson EB-2 With 1967 Sunn 200s|url=https://www.premierguitar.com/vintage-vault-1967-gibson-eb-2-with-1967-sunn-200s|páxina-web=Premier Guitar|data=2011-02-15|data-acceso=2022-01-21|lingua=en}}</ref>
 
En 1966 apareceu o EB-2D, que tiña unha pastilla mini-humbucker na posición da ponte (ao igual que o [[Gibson EB-3|EB-3]]). Tiña tamén controis separados de volume e ton e un interruptor de tres posicións para seleccionar as pastillas, ademais do interruptor de "barítone".<ref name=":0" />
 
== Notas ==