Gibson EB-2: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
básico de en.wiki
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2022 ás 10:00

O Gibson EB-2 é un modelo de baixo eléctrico da Gibson Guitar Corporation fabricado de 1958 a 1972, cunha interrupción entre 1962 e 1963. Cando a produción rematou en 1972 fabricáranse un total de 8 017 instrumentos, dos cales 2 102 eran EB-2D. Willie Moseley, da revista Vintage Guitar, referíuse ao modelo como posiblemente "o mellor baixo de Gibson", aínda que non tivo un gran éxito comercial, e a versión Epiphone Rivoli do modelo vendeu máis copias que o propio modelo Gibson.[1]

Notas

  1. Moseley, Willie G. (xaneiro de 2012). "The Gibson EB-2: Kalamazoo Biggest Bass Innovation?". Vintage Guitar. p. 60.