Polaqia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «New York»
Gasparoff (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Polaqia''' foi un colectivo galego de autores de [[banda deseñada]] nacido no ano 2001 e que ten por obxecto a promoción, creación e difusión de banda deseñada. O seu principal medio de acción é o fanzine ''[[Barsowia]]'' (do cal editaron polo menos 15 números) e que define a súa visión da banda deseñada tanto no estético como no organizativo. O colectivo tamén vén editando diferentes publicacións de autores galegos como poden ser ''APB'' (''A Prueba de Balas'') de [[Emma Ríos]], ''Alter ego'' de [[Alberto Vázquez]], ''Tanque Familiar'', ou ''Pinche Mundo''.
 
No verán de 2008 destacou un encontro do colectivo galego co colectivo [[Calavera Cómics]] de [[Nova York]], que permitiu que os álbums de Polaqia estivesen á venda no [[MoCCA]] (Museo do Cómic de Nova York) durante a celebración dun dos festivais de BD independente máis importante dos [[Estados Unidos de América|EUA]]. En troques obras do colectivo Calavera poderían ser adquiridas no posto de Polaqia na edición dese ano do [[Viñetas do Atlántico|Viñetas desde o Atlántico]].
 
O primeiro presidente do colectivo foi [[Kike Benlloch]], que estivo á fronte do colectivo de 2001 a 2006, e que foi substituído en 2006 por [[Hugo Covelo]] até o ano 2008, momento en que [[David Rubín]] se fixo coa presidencia.