Fender Precision Bass: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 12:
 
Fender tamén entregou un dos primeiros Precision ao baixista de sesión e arreglista dos [[Os Ánxeles|Ánxeles]] [[Shifty Henry]]. [[Monk Montgomery]] converteuse no segundo intérprete de jazz en popularizar o baixo de Fender; primeiro tocando con Lionel Hampton; e despois co seu irmán, o guitarrista [[Wes Montgomery]]. En 1954 Henry e Montgomery aparecían en anuncios de Fender. Cara finais da década dos 50 o P-Bass estaba finalmente gañando aceptación entre os baixistas de [[Rock and roll|rock 'n roll]] e [[Música country|country]], así como entre guitarristas como [[Carol Kaye]], unha guitarrista de jazz que se fixo coñecida polo seu traballo como baixista no consorcio de músicos de sesión dos Ánxeles coñecido como The Wrecking Crew.
 
== Historia ==
Para a construción do primeiro prototipo, [[Leo Fender]] e George Fullerton baseáronse na guitarra [[Telecaster]], que eles mesmos presentaran pouco antes. Imaxinaron que para conseguir unha guitarra-baixa tan só terían que modificar as dimensións do mastro da guitarra, e tras varios experimentos por ensaio e error establecieron a medida que hoxe consideramos estándar, 34 polgadas.<ref>{{Cita libro|título=American basses : an illustrated history & player's guide|url=https://www.worldcat.org/oclc/52518941|editorial=Backbeat Books|data=2003|lugar=San Francisco|ISBN=0-87930-721-8|OCLC=52518941|nome=Jim|apelidos=Roberts}}</ref> Para a construción destes primeiros prototipos tiveron que empregar cordas de contrabaixo de tripa, que eles mesmos recortaran para axustalas ás dimensiones reducidas do diapasón, e ás que envolveran cun aramio metálico para excitar a resposta das pastillas. Do mesmo xeito, empregaron caravillas de contrabaixo.​<ref>{{Cita libro|título=The Fender bass|url=https://www.worldcat.org/oclc/24091082|editorial=Mediapresse|data=[1990?]|lugar=[Lausanne, Switzerland]|ISBN=0-7935-0757-X|OCLC=24091082|nome=Klaus|apelidos=Blasquiz}}</ref> Debido a que o corpo do instrumento resultaba moi grande e pesado, Leo Fender déulle o deseño ''dobre cutaway'', para mellorar o balance do instrumento e alixeirar o seu peso.
 
Os instrumentos de produción baseados neste prototipo presentaban xa cordas de metal ''flatwound'' fabricadas por [[Squier]],​ caravillas fabricadas pola firma alemá Schaller, e unha única pastilla de bobinado simple con dous controis, ton e volume. O mastro estaba fixado con parafusos ao corpo do instrumento, o que permitía a súa fabricación en serie, disminuíndo os custos de produción. Dando por sentado que os músicos usarían o pulgar para pulsar as cordas, Leo Fender incluíu un bloque de madeira unido con parafusos ao corpo baixo as cordas para facilitar esa postura. Engadíronse cubrepastillas de metal cromado que proporcionaban illamento eléctrico ás pastillas, e, por último, incluíanse muteadores de goma sobre as cordas para reducir o ''sustain'' do instrumento.
 
Xunto ao Precisión Bass orixinal, Leo Fender presentou o seu amplificador Bassman, un modelo que deseñou específicamente para reproducir as baixas frecuencias propias do instrumento e que sería adoptado máis tarde de forma entusiasta por guitarristas de Jazz de todo o mundo.<ref>{{Cita web|título=Going Low: The History of the Fender Bassman Amplifier|url=https://www.fender.com/articles/gear/going-low-the-history-of-the-bassman|páxina-web=www.fender.com|data-acceso=2022-01-20|lingua=en-US}}</ref>
 
== Notas ==