Conflito árabe-israelí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Orixe: arranxiño
Liña 82:
 
=== Orixe ===
En [[1947]], a decisión do [[Reino Unido]] de descolonizar [[Palestina (rexión)|Palestina]], deixa a administración desa terra en mans da [[Organización das Nacións Unidas|ONU]]. Quen ten moitos problemas en conter ós cada vez máis numerosos conatos de violencia entre xudeus e musulmáns, e entre cada un destes contra a ONU. O [[29 de novembro]] de [[1947]], tras múltiples disputas diplomáticas, a [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] aprobou o [[Plan das Nacións Unidas para a partición de Palestina|Plan de Partición de Palestina]] en dous Estados, un árabe e outro xudeu, nin compactos nin homoxéneos, divididos en tres respectivas porcións apenas unidas entre si. O estado xudeu supoñería un 55% do territorio do Mandato (14.100 km²), incluído o deserto do [[Negev]], e a súa poboación estaría formada por 500.000 xudeus e 400.000 árabes palestinos. Nese momento, os xudeus só posuían o 7% das terras de [[Palestina (rexión)|Palestina]]. O estado árabe palestino tería o 44% do territorio do Mandato (11.500 km²) e unha minoría duns 10{{esd}}000 xudeus.<ref>{{Cita libro|apelidos=Black|nome=Ian|título=Enemies and Neighbours: Arabs and Jews in Palestine and Israel, 1917-2017|url=https://books.google.es/books?id=1eQoDwAAQBAJ&printsec=frontcover&dq=enemies+and+neighbours+ian+black&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwi0pPe4xPngAhWXQxUIHYoDDGwQ6AEIKDAA#v=onepage&q=enemies%20and%20neighbours%20ian%20black&f=false|dataacceso=19 de xaneiro do 2022|ano=2017|editorial=Penguin Books|isbn=9780241004432|editor=|lugar=Londres|páxina=107|idioma=Inglés|capítulo=|cita=On 29 November 1947 the UN General Assembly voted to partition Palestine into Jewish and Arab states, leaving Jerusalem under UN supervision as a “corpus separatum”. (…) The proposed Jewish state was to consist of 55 percent of the country, including the largely unpopulated Negev desert.Its population would comprise some 500.000 Jews and 400.000 Arabs –a very substantial minority. Jews, at that point, owned just 7 percent of Palestine’s private land. The Arabe state was to have 44 percent of the land and a minority of 10.000 Jews. Greater Jerusalem was to remain under international rule.}}</ref> O resto de minorías (cristiáns armenios, ortodoxos, drusos, turcománs,etc), acabarán por asentarse en gran proporción na zona xudía por ser esta a que resulte nun estado de dereito. [[Xerusalén]] e a súa área circundante, incluída [[Belén]], conformarían un ''[[Corpus separatum (Xerusalén)|corpus separatum]]'' de 700 km² baixo a administración do [[Consello de Administración Fiduciaria das Nacións Unidas]].<ref>{{Cita libro|apelidos=Black|nome=Ian| título=Enemies and Neighbours: Arabs and Jews in Palestine and Israel, 1917-2017|url=https://books.google.es/books?id=1eQoDwAAQBAJ&printsec=frontcover&dq=enemies+and+neighbours+ian+black&hl=es&sa=X&ved=0ahUKEwi0pPe4xPngAhWXQxUIHYoDDGwQ6AEIKDAA#v=onepage&q=enemies%20and%20neighbours%20ian%20black&f=false|dataacceso=19 de xaneiro do 2022|ano=2017|editorial=Penguin Books|isbn=9780241004432|editor=|lugar=Londres|páxina=107|idioma=Inglés|capítulo=|cita=On 29 November 1947 the UN General Assembly voted to partition Palestine into Jewish and Arab states, leaving Jerusalem under UN supervision as a “corpus separatum”. (…) The proposed Jewish state was to consist of 55 percent of the country, including the largely unpopulated Negev desert.Its population would comprise some 500.000 Jews and 400.000 Arabs –a very substantial minority. Jews, at that point, owned just 7 percent of Palestine’s private land. The Arabe state was to have 44 percent of the land and a minority of 10.000 Jews. Greater Jerusalem was to remain under international rule.}}</ref>
[[Ficheiro:Palestinian refugees.jpg|miniatura|Refuxiados [[Palestina|palestinos]] abandonando [[Galilea]] durante a [[guerra árabe-israelí de 1948]].]]
O [[14 de maio]] de [[1948]], [[David Ben-Gurion]] proclama a independencia do Estado de Israel. [[Xordania]], [[Exipto]], [[Líbano]], [[Siria]] e [[Iraq]] deciden atacar [[Israel]] (ver [[guerra árabe-israelí de 1948|guerra árabe-israelí]], tamén coñecida como guerra da independencia de Israel ou Al Nacba). Prodúcense os maiores desprazamentos de refuxiados na historia da zona en conflito: uns 700.000 xudeus son expulsados dos países árabes cara Israel, país este que aproveitará para conseguir certo poder demográfico, e un número similar de árabes son expulsados de Israel cara os países veciños, onde non serán acollidos, senón tratados en calidade de refuxiados permanentes. A guerra finaliza coa firma da tregua ([[Armisticio de Rodas]]). Só Exipto e Xordania remataron por firma-la paz e recoñece-lo Estado de Israel (en [[1978]] e [[1994]] respectivamente).