Baixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Beninho (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
=== Anos 50 ===
Nos anos 50 Leo Fender e George Fullerton desenvolveron o primeiro baixo eléctrico producido en serie. A [[Fender|Fender Electric Instrument Manufacturing Company]] comezou a fabricar o Precision Bass, ou P-Bass, en outubro de 1951. O deseño contaba cun corpo sinxelo angulado (slab) e unha pastilla sinxela semellante á da [[Fender Telecaster|Telecaster]]. En 1957 o Precision asemellábase máis á Fender Stratocaster, cos bordescantos biselados para facelo máis cómodo, e a pastilla cambiouse por unha pastilla dobre (split).<ref>{{Cita web|título=The History of the Fender Precision Bass|url=https://www.fender.com/articles/gear/legendary-lows-the-precision-bass-story|páxina-web=www.fender.com|data-acceso=2022-01-18|lingua=en-US}}</ref>
 
O Fender Bass foi un instrumento revolucionario para músicos ao vivo. En comparación co contrabaixo grande e pesado, que fora o principal instrumento grave na música popular dende principios dos anos 20 ata os anos 40, o baixo podía transportarse doadamente aos concertos. Cando se amplificaba o baixo era tamén menos propenso á retroalimentación que os baixos acústicos. A adición de trastes permitía aos baixistas tocar afinados máis doadamente que con contrabaixos acústicos sen trastes, e permitía aos guitarristas cambiar de instrumento dun xeito máis doado.<ref>{{Cita web|título=1952 Fender Precision Bass|url=https://www.premierguitar.com/1952-fender-precision-bass|páxina-web=Premier Guitar|data=2013-05-13|data-acceso=2022-01-18|lingua=en}}</ref>
 
En 1953, [[Monk Montgomery]] converteuse no primeiro baixista en xirar co baixo de Fender, coa [[Big Band|big band]] de postguerra de [[Lionel Hampton]]. Montgomery foi probablemente tamén o primeiro en gravar co baixo eléctrico, o día 2 de xullo de 1953 co [[Art Farmer Septet]].<ref>{{Cita libro|título=Bass heroes : styles, stories & secrets of 30 great bass players : from the pages of Guitar player magazine|url=https://www.worldcat.org/oclc/47008985|editorial=GPI Books|data=1993|ISBN=0585349363|OCLC=47008985}}</ref> [[Roy Johnson]] (con Lionel Hampton), e Shifty Henry (con Louis Jordan and His Tympany Five), foron outros dos pioneiros no uso do baixo de Fender. Bill Black, que tocou con [[Elvis Presley]], pasou do contrabaixo ao Fender Precision Bass ao redor de 1957. O baixo estaba destinado a atraer tanto a guitarristas como a contrabaixistas, e moitos dos pioneiros, como Carol Kaye, Joe Osborn, Paul McCartney eran orixinalmente guitarristas.
 
Tamén en 1953, [[Gibson]] lanzou o primeiro baixo eléctrico de escala curta con forma de violín, o EB-1, cun pé extensible que permitía que puidese ser tocado tamén verticalmente. En 1958 Gibson lanzou o [[Gibson EB-2|EB-2]] descrito no catálogo da compañía como as un "baixo eléctrico de corpo oco que conta cun botón de baixo/barítono para dúas características tonais diferentes". En 1959 foi seguido polo máis convencional [[Gibson EB-0|EB-0 Bass]]. O EB-0 tiña unha aparencia semellante a unha guitarra [[Gibson SG]] (aínda que os primeiros exemplos tiñan un corpo anguloso como o da [[Gibson Les Paul|Les Paul Special]]).
 
Outras compañías tamén comezaron a fabricar baixos durante os anos 50. En 1956 apareceu na feira alemá "Musikmesse Frankfurt" o distintivo [[Höfner 500/1]] con forma de violín, realizado usando técnicas de construción de violíns por [[Walter Höfner]], un luthier de violíns de segunda xeración.<ref>{{Cita web|título=The History of the Karl Hofner Company by Christian Hoyer.|url=http://www.vintagehofner.co.uk/christianhoyer/hofnerhist/hofnerhistory.html|páxina-web=www.vintagehofner.co.uk|data-acceso=2022-01-18}}</ref><ref>{{Cita web|título=List of Hofner Electric Guitars and Basses >> Vintage Guitar and Bass|url=https://www.vintageguitarandbass.com/hofner/|páxina-web=www.vintageguitarandbass.com|data-acceso=2022-01-18}}</ref><ref>{{Cita web|título=Hofner's History - About Hofner - Info|url=https://www.hofner.com/info/about-hofner/hofner-history.html?___store=h00_en&___from_store=h00_de|páxina-web=www.hofner.com|data-acceso=2022-01-18}}</ref> Debido a que foi usado por Paul McCartney, o instrumento coñeceuse como o "Beatle bass". En 1957, [[Rickenbacker]] introduciu o modelo 4000, o primeiro baixo en contar cun deseño "neck-through-body", na cal o mastro é parte da madeira do corpo.<ref>{{Cita web|título=Modern History of Rickenbacker|url=http://www.rickenbacker.com/history_modern.asp|páxina-web=www.rickenbacker.com|data-acceso=2022-01-18}}</ref> Kay Musical Instrument Company comezou a fabricar o K-162 en 1952, [[Danelectro]] lanzou o Longhorn en 1956, e Burns London/Supersound o Single Cutaway Bass en 1958.
 
== Notas ==