Baixo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: errados
Beninho (conversa | contribucións)
amplío de en.wiki
Liña 1:
[[Ficheiro:Ebass.jpg|miniatura|Baixo eléctrico de cinco cordas]]
O '''baixo''' é un instrumento musical eléctrico de catro, cinco ou seis cordas (o máis habitual son catro), un híbrido entre a [[guitarra]] e o [[contrabaixo]], tal como o explica o seu nome orixinal: guitarra baixa (en inglés ''bass guitar''). Adoita a tocarse sobre todo usando os dedos, pero tamén pode tocarse con puga.
 
O baixo de catro cordas afínase habitualmente igual que o contrabaixo, que se corresponde a tonos unha octava máis baixos que as catro cordas máis graves dunha guitarra (Mi, La, Re, e Sol). Para ser escoitado a niveis normais de interpretación o baixo require amplificación externa.
 
== Historia ==
O seu nacemento débese ós intentos errados por amplificar o contrabaixo, que a causa da nova música que se interpretaba na época ([[Big Band]], combos de [[Rhythm and blues]], ou grupos de [[rock and roll]]) se estaba facendo cada vez máis imperceptible.
 
A pesar de que aparece na década de [[1930]] houbo varios intentos de distintos fabricantes, sobre todo de [[Rickenbacker]], o baixo eléctrico nacepopularízase en [[1951]] da man de [[Leo Fender]], fabricando un prototipo que sería satisfactorio para os intérpretes e saíndo ó mercado co nome de [[Fender Precision Bass|Fender Precision]], xa que ó estar dotado con trastes solucionaba, ademais dos problemas da limitación de volume, os problemas de afinación do contrabaixo.
 
A pesar de ser un instrumento moi utilizado desde a súa creación ata os nosos días, non remprazou para nada ó contrabaixo, senón que conviven en total harmonía ocupando cada un o seu espazo dentro do repertorio musical.
 
=== Anos 30 ===
{{Control de autoridades}}
Nos anos 30 o músico e inventor de [[Seattle, Washington]]. [[Paul Tutmarc]] desenvolveu o primeiro baixo eléctrico na súa forma moderna, un instrumento con trastes deseñado para ser tocado horizontalmente. No catálogo de vendas de 1935 da compañía de Tutmarc, Audiovox, aparecía o seu "Model 736 Bass Fiddle", un baixo eléctrico de corpo mazizo con catro cordas, cun mastro de 775 milímetros e unha pastilla sinxela.<ref>{{Cita web|título=Audiovox #736|url=https://www.vintageguitar.com/1782/audiovox-736/|data-acceso=2022-01-18|lingua=en-US|nome=Peter|apelidos=Blecha|páxina-web=Vintage Guitar® magazine}}</ref> Durante ese período fabricáronse uns 100 exemplares. Audiovox tamén vendeu o seu amplificador de baixo “Model 236”.<ref>{{Cita web|título=Audiovox and Serenader Amps|url=https://www.vintageguitar.com/1869/audiovox-and-serenader-amps/|data-acceso=2022-01-18|lingua=en-US|páxina-web=Vintage Guitar® magazine}}</ref>
 
=== Anos 50 ===
Nos anos 50 Leo Fender e George Fullerton desenvolveron o primeiro baixo eléctrico producido en serie. A [[Fender|Fender Electric Instrument Manufacturing Company]] comezou a fabricar o Precision Bass, ou P-Bass, en outubro de 1951. O deseño contaba cun corpo sinxelo angulado (slab) e unha pastilla sinxela semellante á da [[Fender Telecaster|Telecaster]]. En 1957 o Precision asemellábase máis á Fender Stratocaster, cos bordes biselados para facelo máis cómodo, e a pastilla cambiouse por unha pastilla dobre (split).<ref>{{Cita web|título=The History of the Fender Precision Bass|url=https://www.fender.com/articles/gear/legendary-lows-the-precision-bass-story|páxina-web=www.fender.com|data-acceso=2022-01-18|lingua=en-US}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Instrumentos de corda pulsada]]